A Feira do Libro de Viveiro abre este sábado 13 de agosto as súas portas nos Xardíns de Noriega Varela, espazo que se encherá de actividades para todos os públicos ata o vindeiro martes 16. A cita enmárcase nas Feiras do Libro de Galicia, coorganizadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Federación de Libros de Galicia.
Tras a inauguración da cita, este sábado ás 19.30 horas, a primeira actividade será a presentación do libro ‘De acuarelas por Viveiro’, de Eduardo Baamonde. Así mesmo presentaranse nesta feira ‘Entre o abalo e a zaranda: dicionario léxico do mar’, de Paco Rivas; ‘A maruxaina e outras sereas’, de Paco Rivas, Otero Regal e Pablo Mosquera; ‘O soño de Xoán’, de Farruco Graña; ‘A nosa terra é nosa. A xeira das irmandades’, de Emilio Insua; ‘Nefelibata’, de Maka Ledo; ‘Cantos de poeta. Unha antoloxía musicada da poesía galega’, de Federico Mosquera e Noa López; ‘Tiempo de halcones’, de Fran Zabaleta’; e ‘El fiel reflejo de la nada’, de Patricia C. Beltrán. Ademais, Olga Romay asinará ‘Los hijos del senador’, e celebrarase un coloquio sobre o libro ‘Y entonces perdimos la inocencia’ co seu autor, Hugo Pardo Geada.
A oferta da feira complétase con actividades infantís, concretamente de maxia o sábado ás 19.00 horas, un contacontos o luns ás 18.00 horas e de teatro o martes ás 18.00 horas.
Recta final das feiras
Logo de percorrer desde abril os concellos de Pontevedra, Ferrol, Santiago, O Porriño, Redondela, Ribeira, Ourense, Lugo, Vigo, A Coruña e Viveiro, as Feiras do Libro de Galicia chegarán nas próximas semanas aos municipios de Foz (do 18 ao 21 de agosto); e, finalmente, a Monforte de Lemos (do día 24 ao 27 de agosto), onde porán fin ao seu percorrido polas catro provincias galegas.
























O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



