Galicia, xoves 11 de xullo de 2016. A candidata de Cidadáns (C’s) á presidencia da Xunta de Galicia, Cristina Losada, explica: “o que C’s propón é unha nova lei electoral máis xusta e inspirada no réxime electoral alemán, que combina escanos unipersonales e listas proporcionais. En definitiva, un sistema que traduce mellor as preferencias dos votantes e reduce o poder das cúpulas dos partidos”. Losada engade “C’s propón unha reforma do sistema electoral porque quere hixienizar a política”.
Cidadáns (C’s) loitará “con man firme” contra a corrupción. “En España no 2015 tiñamos 2000 imputados por corrupción, centos deles políticos e cargos de confianza, moitos deles galegos. Houbo unha relaxación ata agora neste sentido, unha patrimonialización das institucións” para evitar todo isto está Cidadáns (C’s)” declara Cristina Losada. Doutra banda, Losada engade “se non está C’s no Parlamento galego non se pode facer fronte á corrupción”.
“Cidadáns (C’s) quere un proxecto a longo prazo para Galicia expondo cambios sensatos, razoables e reformas que o PP en Galicia non levou a cabo en todo o tempo que estivo gobernando” Cristina Losada.