O sábado 13 de agosto, a partir das 20.30 horas, a Casa da Cultura de Alfoz será escenario dunha gala benéfica a favor de Cáritas organizada polo Grupo Humorístico Trípode. Colaboran no acto o Concello de Alfoz e o Grupo Musical “Maseda”. En primeiro lugar este grupo musical, composto por catro músicos da mítica Orquestra Maseda, interpretará 10 cancións e a continuación o Grupo Trípode e amigos (un total de 9 actores) interpretarán a comedia titulada “A panxoliña máis fermosa”.
Gala benéfica en Alfoz