Un grupo de nenos e nenas de 7 a 12 anos convertéronse en vixiantes da praia do Portelo, en Burela. A actividade chamada Eco-azuis da praia, foi realizada nese areal polas monitoras de Gaia, que explican que “como eco-azuis que eran, os nenos debuxaron o logo da bandeira azul en globos da mesma cor simulando a bandeira azul, que está colgada do mástil da praia, e deron a coñecer boas prácticas ambientais e as características, requisitos e a importancia dunha praia con bandeira azul”. Noelia Mª Ben, concelleira de Medio Ambiente recalca que “coas actividades de educación ambiental preténdese conservar os valores ambientais das praias, creando un comportamento nos usuarios dos areais que sexa respectuoso co medio ambiente”.
