Burela, 12 de agosto de 2016. A Feira do Coleccionismo e as Antigüidades completa o programa de actividades para esta fin de semana en Burela. O alcalde, Alfredo Llano, anima a acudir a esta cita.
O rexedor subliñou que “a Feira de Antigüidades é moi importante e normalmente moi visitada. Xa tivéramos outras edicións cando estivéramosaquí no goberno no anterior mandato, con mercado de produtos antigos, de oportunidades e ofertas de cousas que normalmente non se ven nas tendas de forma ordinaria”.
Alfredo Llano quere “invitar a todo o mundo a que se achegue aquí a Burela porque imos ter esa Feira que vai ser o sábado, o domingo e o luns no pavillón dos institutos. Creo que vai haber alí moita xente ofrecendo os seus produtos, moi variados. Eu penso que é un atractivo grande para a comarca de A Mariña que se dá aquí en Burela”.
O alcalde burelés engadiu que “se vai complementar coa Feira do Marisco e imos ter aquí unha carpa durante dous días para que os visitantes poidan facer un acopio de alimentos e seguir o día e as actividades con todas as forzas e enerxías”.
Subvencións
Respecto ás críticas do PP relativas á concesión de subvencións por parte do Concello, Alfredo Llano, asegurou que “no Concello de Burela agora mesmo estamos tratando de organizar unha serie de subvencións de tal maneira que sexan con carácter obxectivo, tratar de motivar a aquela xente que estea formando parte dunha asociación e presente a petición de axuda no Concello”.
O alcalde dixo: “queremos que as asociacións estean motivadas e procuren facer as cousas cada vez mellor e máis e que colaboren co Concello. Nosoutros abrimos unhas posibilidades de subvencións, pero teñen que ser moi obxectivas. Existen unhas poucas que son nominativas pola súa natureza e importancia que xa se poden ir cobrando en pouco tempo, pero as subvencións obxectivas nas que se está agora mesmo traballando nas súas bases leva o seu tempo”.
Alfredo Llano manifestou: “non sei porqué se apuran tanto porque as subvencións que agora mesmo se están preparando están dirixidas a asociacións que teñen actividades ata finais de ano, por tanto moitas delas terán que xustificar actividades incluso no mes de decembro, así que queda moito ano por diante para que poidan organizar moitas das actividades”.
O alcalde de Burela asegura que “para nada houbo retraso porque houbo que aprobar os orzamentos non hai moito polas razóns que xa foron explicadas no seu momento, pero non quere dicir que non se fora traballando paralelamente coas bases destas subvencións”.
Llano subliñou que “son totalmente obxectivas e non como eran antes que eran todas nominativas e ían a libre albedrío e facíano unicamente na valoración que o equipo de goberno do PP lle daba a cada unha das asociacións. Había disparidades tan enormes que chamaban a atención. Nosoutros queremos facelo ben e a aquela xente que o mereza se lle vai dar”.
O alcalde burelés insistiu en que “non hai retraso ningún porque hai que dar tempo a cada asociación para completar as actividades anuais. Os técnicos do Concello están traballando para darlle lexitimidade e estámolo facendo dunha maneira moi democrática e representativa para que non se vexa discriminado ningún colectivo”.























A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



