Viveiro 3-8-16. O PP de Viveiro , ve con moderada satisfacción como os problemas medioambientais e de seguridade na rúa Emilio Bouza Basanta e no Barrio do Pedregal da parroquia de Covas se vaian solucionando. Estes problemas estaban provocados pola situación na que se atopaba unha obra paralizada polo construtor dende hai anos e onde a auga estancada – o que nos levaba a coñecela popularmente como a piscina do Pedregal -, propiciaba unha insoportable situación para os veciños destas zonas como consecuencia dos malos cheiros e en especial as constantes plagas de mosquitos, o que obrigaba a veciños a ter as ventás pechadas, incluso en época de verán.
Segundo tense observado , esta situación está afortunadamente chegando ao seu fin, tal e como o noso grupo municipal leva anos demandando ante a grave situación desta zona. Así tense procedido ao recheo do burato e o peche dun muro de casetón de 1,60 m , aprox . de altura en tres beiras da obra , así como o peche perimetral do terreo destinado para futuras obras e así salvargardar a seguridade na zona , quedando as beirarúas libres e adecentando toda a marxe dereita cara o Pedregal.
O PP de Viveiro vén preocupándose por todo ilo dende hai oito anos e así foi posto de manifiesto nos rogos e preguntas formuladas nos Plenos municipais ó longo destos anos , ao que se poden engadir diversas notas de prensa. Ademais das solicitudes de solución , foron moitos os veciños que en varias ocasións dirixíronse ao grupo Popular e ao propio Concello que goberna o Partido Socialista , demandando o mesmo , para dar solución a unha situación que tanto promotor , construtor e Gobierno local non eran capaces de aportar a curto prazo.