Mondoñedo, 29 de agosto de 2016. A portavoz do Partido Socialista de Mondoñedo Esperanza González cualificou de “espantada”, o último pleno celebrado no Concello, no que a rexedora Elena Candia non respondeu a ningunha das tres preguntas que lle formulou a oposición, en tempo e forma, e legalmente rexistradas.
A concelleira socialista explica que segundo marca a lexislación, concretamente o Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, de Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, no artigo 97, di textualmente:as preguntas formuladas por escrito con vinte catro horas de antelación serán contestadas ordinariamente na sesión o, por causas debidamente motivadas, na seguinte.
Esperanza González preguntou na sesión plenaria porque non se respondían as preguntas debidamente formuladas, a resposta de Elena Candia foi serán contestadas no seguinte Pleno. É dicir Elena Candia non ten argumentos para responder as preguntas que lle realiza a oposición socialista. Por iso preguntase “a que ten medo a rexedora?, de que escapa?, ten algo que esconder Elena Candia para non responder as preguntas legalmente formuladas e que si aparecen na Orde do Dia do Pleno?”, insistiu.
O Grupo Socialista critica ademais que dende o mes de maio non reciben ningunha acta das xuntas de Goberno do Concello.