Din que nesta vida todo ten un lado bo, pero teñen que perdoarme, si firo algunha sensibilidade, porque na Relixión só vexo manipulación, boa voluntade de moita xente e picaresca de outra moita. En resumen Un negocio como outro calquera, que leva, polos séculos dos séculos…amen, sometendo ás boas persoas e servindo o poder e a os poderosos.
Unha lacra que está tan dentro do ser humano que forma parte do mismisimo ADN de cada un de nós, por moito que intentemos resistirnos. E como non ía ser así, si xa “Nacemos” co ditoso PECADO ORIXINAL ,que mal puido cometer, un ser puro,que chega ao mundo, fundido da semente de quen mais AMOR poden darlle toda a vida, os seus propios país,. Pois non, ten que pasar polas “Augas purificadoras do Bautismo” e así xa, formar parte do Club. Despois chega a comuñón, a confirmación, o matrimonio…. e ata para morrerche tes que “pedir permiso” si es o morto e “dar grazas por TOMAR TERRA” si es a familia. Impregnado en todo. O colexio, As institucións, O código civil, A constitución… Pero si ata para gañar un trofeo deportivo teñen que ir RENDER CONTAS” ao santo de quenda, e si conséguese, aí está á espera de que lles deamos as grazas.
A linguaxe esta construído con frases e palabras que nos levan “ao curro”, polo bo camiño. E que é a Relixión, mais que o FOCO FUNDAMENTAL QUE PROVOCOU GUERRAS E ODIO ao longo da historia. Que só serveo aos mesmos que hoxe nos teñen sometidos baixo o xugo do poder e o diñeiro.
E non nos deixemos enganar… TODAS AS ORGANIZACIÓNS DE CARIDADE PAGÁMOLAS SOMENTE NÓS, os de sempre, e aínda que estean baixo tutélaa de ordes relixiosas, son infinidade de voluntarios quen as sustentan co seu traballo desinteresado.
A relixión é o maior dos inventos para ternos “atontados” esperando un mundo mellor. Xa que nesta vida hai tanta MISERIA E INXUSTIZA que resultaría INSOPORTABLE recoñecer que logo dela non teremos o noso premio e ao mesmo tempo diríxennos como a un rebaño, segundo as súas palabras, pero non de cordeiros, DE BORREGOS.
O que digo e unha realidade latente no mundo enteiro.¡Canta pobreza, mortos, nenos abusados, guerras …e todo iso en nome de Deus. Xa sei que escoce, que levantara algún resquemor pero só e un resumo de como o individuo fraccionado é preparado desde que nace ata que morre como calquer produto nunha cadea de montaxe. A relixion só é iso,unha cadea de montaxe onde os produtos son montados a pezas nas súas distintas fases ata chegar á súa distribucion co seu libro de instrucións para usalo e todo para esquecer montar un pekeño detalle,unha peza fundamental para o seu bo funcionamento…O CEREBRO.
Non quero aburrirvos, outro día mais…. E A TODAS AS PERSOAS BOAS…. Que saiban que o merito é ÚNICAMENTE DELES E DE NINGUÉN MAIS.
Otero Regal.

















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



