O Vicedo 5-8-16.Este pasado mércores 3 de agosto celebrouse unha das tradicionais actividades dos mércores de natureza.
Foi un atardecer no Río Sor en kayaks que acabou convertíndose na ruta de kayaks máis multitudinaria organizada polo Concello desde que se programan os mércores de natureza.
Acompañados por unhas condicións ambientais excelentes, os máis de 50 participantes puideron disfrutar da beleza do Río Sor, a Illa de San Martín, a plantación de camelias, as pontes sobre o Sor e, finalmente, cruzar a ría para chegar ao Vicedo ás 21h.
Lamentablemente houbo xente que non puido participar por imposibilidade de conseguir máis kayaks pero aínda queda unha nova oportunidade o mércores 24 de agosto ás 10h, que se repetirá esta actividade.