A Concelleira de Turismo do Concello de Viveiro, Marisol Rey Yáñez, pon en coñecemento que a capacidade hostaleira no municipio de Viveiro é full, conclusión obtida logo de pasar pola oficina de turismo visitantes que estando intesados na súa estancia en Viveiro non encontran aloxamento.
A Concelleira de Turismo púxose en contacto con diferentes establecementos de hostalería resultando estar todo completo, polo que, amosa a súa satisfacción cos resultados obtidos, en gran medida, froito do traballo realizado dende a Concellería de Turismo mediante as campañas de promoción turística.
Dende primeiros de xullo 15.000 persoas pasaron pola Oficina de Turismo, duplicándose a poboación nas dúas últimas semanas.