Xove 5-8-16. O Concello de Xove ven de poñer en marcha dous proxectos dirixidos a conciliar a vida familiar e laboral das familias deste municipio durante os meses de xullo e agosto.
O proxecto “MAÑÁS ACTIVAS”, organizado pola Oficina de Información Xuvenil e subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar, conta coa participación de 5 voluntarias. Nesta edición os 23 mozos e mozas de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos, participan en diferentes actividades lúdicas.
Dende as Concellerías de Deportes e de Servizos Sociais, organizouse o proxecto “XOVE CONCILIA”, dirixido a nenos e nenas de 4º de Infantil a 4º de Primaria. Un total de 36 menores participan nas diferentes actividades desenvolvidas en horario de 10:00 a 14:00 horas. Coa finalidade de que a maior parte das familias se podan beneficiar deste proxecto de conciliación, durante o mes de xullo puidéronse anotar tamén os nenos e nenas nacidos no ano 2013, para participar durante o mes de agosto.