Os alumnos e alumnas de 4º de primaria do CEIP Vista Alegre participaron este luns na actividade Andando ao colexio, unha das moitas actividades programadas pola Concellería de Medio Ambiente. A actividade consistiu en ir camiñando ata o Concello, onde os rapaces recibiron unha charla impartida por membros da Policía Local, viron vídeos complementarios sobre sinalización de tráfico, cinturóns de seguridade, desprazamentos en bici, etc… No Concello foron recibidos polo alcalde e pola concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, que sinalou que “con esta actividade o que pretendemos é que os escolares se animen a ir ao colexio andando e que aprendan a facelo dun xeito seguro, para o que é preciso coñecer unhas normas básicas”. Ao rematar esta visita os rapaces do CEIP Vista Alegre volveron camiñando ao centro.
