Lugo, 19 de setembro 2016. A candidata do BNG, Olalla Rodil, mantivo unha xuntanza, na Galería Sargadelos con colectivos e persoas vencelladas ao tecido cultural lucense para presentar as propostas do programa electoral do BNG en materia cultural. Rodil dixo que “os bens culturais teñen que ser de todas as galegas e galegos” e “non pode ser que se invistan cartos públicos en manter os inmobles propiedade da igrexa, incluso edificios con empresas, e que non pagan o IBI”.
En relación ao recente nomeamento da escritora Marta Rivera de la Cruz como presidenta da comisión de cultura do congreso, que foi apoiada por representantes de grupos políticos que foron elixidos polas galegas e galegos, Rodil afirmou que “está claro que o noso proxecto cultural non coincide co de Marta Rivera de la Cruz” e lembrou cales foron as propostas do grupo que esta escritora representa nas anteriores eleccións ao goberno do estado. Ademais apuntou que “é dificil de xustificar que se represente os intereses de Galiza e se apoie a unha persoa velixerante contra a nosa lingua para un cargo de tanta responsabilidade”.
Rodil dixo que o BNG pulará, dende o goberno da Xunta e dende o Parlamento Galego, pola construción dun espazo galego de comunicación e cultura, que difunda a cultura de noso como unha cultura viva, dinámica e nacional até convertela en referencial para o conxunto da poboación. O apoio á creación a través de políticas que promovan a calidade da formación artística, a innovación nos procesos de traballo e a visibilidade social das creacións.
O BNG tamén traballará no apoio especializado aos nosos sectores culturais, de cara a unha maior profesionalización, fortalecemento económico e difusión social, como mellor xeito de garantirmos a nosa capacidade para producir discurso cultural desde nós mesm@s. Outra das apostas é o fomento dunha programación teatral estábel que vise que, polo menos nas cidades, as producións permanezan un mínimo de 4-5 días para rendibilizar os custos de transportee montaxe de escenografías, iluminación, son e outros dispositivos técnicos e para crear econsolidar públicos estábeis.


















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



