MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE “FOZ, PLATAFORMA DE FUTURO”,PARA PROPOÑER QUE O CONCELLO DE FOZ SE SUMA A PETICION DA ASOCIACIÓN “CEAFA”(Confederación Española de Asociacións de Familiares de persoas con Alzheimere outras Demencias)PARA SER UN CONCELLO SOLIDARIO CO ALZHEIMER.
O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro,Luís Alfonso Sixto Legaspi,JuanLuísGonzález Riveiro e María PeñaRubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
• Conscientes de que o Alzheimer é a demencia con maior predominio que, na actualidade afecta en Galicia a 400.000 persoas entre enfermos e familiares e que, debido ao aumento da esperanza de vida da poboación, nos vindeiros vinte anos verá duplicada a súa incidencia, sendo este un problema especialmente grave en Galicia polo especial avellentamento e dispersión da poboación,
• Conscientes de que o Alzheimer é un problema socio-sanitario debido á inexistencia de tratamentos efectivos e posibilidades de prevención,
• Conscientes de que a abordaxe desta enfermidade -que ten un custo anual medio de máis de 30.000 euros- recae principalmente nas familias e que a dotación de recursos socio-sanitarios específicos para afrontar as necesidades das persoas enfermas e das súas familias é escasa,
• Conscientes de que, a pesar das diferentes recomendacións formuladas dende os diversos órganos nacionais e internacionais e do recoñecemento da importancia desta problemática na comunidade galega, non existe un plan autonómico especificamente dirixido a paliar os efectos desta enfermidade,
Sabedores/as de que a poboación de FOZ está a envellecer e que iso leva consigo importantes riscos á hora de adquirir ou padecer unha demencia (sobre todo tipo Alzheimer),
FOZ PLATAFORMA DE FUTURO quere facer constar o seu compromiso con este problema de primeira magnitude,pedindo que o Concello de FOZ sexa declarado “Localidade Solidaria co Alzheimer”.
Con este xesto institucional queremos servir de exemplo a outros concellos e apoiar á sensibilización e concienciación da sociedade, institucións e cargos públicos sobre este problema socio-sanitario de primeira magnitude. Ratificando esta Declaración, queremos que o Concello de FOZ se declare como “Localidade Solidaria co Alzheimer”, e así mesmo, apoia a iniciativa liderada pola CEAFA ,(Confederación Española de Asociacións de Familiares de persoas con Alzheimer e outras Demencias) que esta a solicitar a todos os municipios do país a sumarse a ser un concello solidario, para así unir forzas, pois dita confederación esta a reivindicara posta en marcha dunha Política de Estado do Alzheimer o goberno español ,entre os cales solicita que se conceda automaticamente o declararse a enfermidade o 33% de minusvalía e discapacidade .
Algo tan sinxelo como a aprobación desta proposta serve para dar un pasiño mais a colaboración desta xigante enfermidade que cada vez nos afecta as nosas xentes e familiares.
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
– A aprobación por parte da Corporación Municipal da Declaración de motivos anteriormente exposta.
– Dese traslado de tal acordo a CEAFA (Confederación Española de Asociacións de Familias de persoas con Alzheimer e outras Demencias).


















O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.



