O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Vicerreitor da USC en Lugo, Javier Bueno Lema, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, avanzaron este luns a posta en marcha da campaña “Para estudar Lugo”, que promociona o Campus lugués e Lugo como cidade universitaria. Fixérono con motivo da apertura deste mércores, 21 de setembro, dun novo prazo de matrícula da USC tras as probas de selectividade de setembro. Campos Conde destacou que “simultaneamente á apertura da matrícula, dende a Deputación volvemos a ofrecer, a primeiros estudantes en 10 titulacións do Campus de Lugo, as bolsas coas que custeamos o 50% do prezo da matrícula”.
De feito, no acto tamén participaron dous dos mozos que, o ano pasado, se beneficiaron das becas do organismo provincial. Trátanse de Laura Fariña Rodríguez e Mario Gómez Novo, rapaces de Ourense e Lugo, respectivamente, que agora cursarán segundo de Enxeñería Forestal e do Medio Natural. Ambos os dous destacaron as vantaxes destas becas, pois facilitan ás familias o acceso universitario dos seus fillos ou a compra doutro material imprescindible para o curso académico. Entre o público estivo Iago Gallo, un lucense que comezará tamén a mencionada titulación e que resultou un dos beneficiados do desconto do 50% na matrícula logo do período da mesma en xullo.
Datas e titulacións
Os tres últimos prazos de matrícula da USC son: 21-23 de setembro, 11-14 outubro e 19-21 outubro. As 10 titulacións no Campus de Lugo con bolsas da Deputación son: Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais; Grao en Enxeñaría Civil; Grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía; Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria; Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural; Grao en Lingua e Literatura Españolas; Grao en Ciencias da Cultura e Difusión cultural; Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos; Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas; e Grao en Administración e Dirección de Empresas. Ao mesmo tempo que se solicita a prazo nunha destas titulacións, pídese a beca da Deputación para aforrar a metade do custo da matrícula. Máis información en www.paraestudarlugo.com; www.deputacionlugo.gal e www.usc.es.
Vantaxes de estudar en Lugo
“Para estudar Lugo” pon en valor as vantaxes de estudar en Lugo. Algún deles son, apuntou o Presidente da Deputación, “a formación e a especialización que ofrece a USC lucense, a calidade de vida que ofrece a provincia luguesa ou os prezos no aluguer vivenda, que son os máis baixos de Galicia”.
Bueno Lema destacou que “o Campus Terra da USC constitúe unha alternativa universitaria moi a ter en conta polos estudantes que están a piques de comezar os seus estudos de grao porque a sede universitaria luguesa é garantía de “máxima calidade” académica e científica, ao tempo que presenta as taxas de matrícula máis baratas de todo o panorama universitario español, grazas ao plan de achegas impulsado pola Deputación Provincial de Lugo e a USC.
Méndez López fixo fincapé en Lugo como cidade universitaria e “na importancia da universidade no desenvolvemento da cidade, unha implicación que non debe quedar soamente na súa capacidade de formación ou investigación, senón que debe afianzarse en cuestións como o impulso do turismo, a capacidade cultural ou deportiva, ou a recuperación da historia. Nunca foi tan importante a universidade para Lugo. Trátase de que a mellor época da vida se viva en Lugo, que para moitos dos estudantes se convertirá na súa futura cidade”.
Primeiros froitos
“Para estudar Lugo” enmárcase no Plan de Impulso do Campus lugués, que Deputación e USC puxeron en marcha no 2013 para promocionar a universidade lucense e Lugo como cidade universitaria. Á espera de coñecer os datos deste ano, que se coñecerán logo da matrícula de setembro, e avaliando, polo tanto, o número de novos estudantes do pasado curso académico, os primeiros froitos deste plan foron, entre outros, o incremento nun 10% da taxa de ocupación total da USC en Lugo ou en preto dun 20% nas 10 titulacións nas que a Deputación ofrece descontos do 50% no custo da matrícula.
Bueno fixo fincapé no fortalecemento da imaxe de Lugo como cidade universitaria, un feito obxectivo, dixo, que vén corroborado polo crecente número de programas da Universidade de Verán da USC que teñen lugar na cidade e noutras localizacións da provincia, así como polo cada vez maior número de congresos e reunións científicas que teñen como sede este campus. Basta citar o XII Congreso da Sociedade Española de agricultura Ecolóxica, que se celebra esta semana, ou as citas internacionais sobre migracións e refuxio en Europa e sobre novas perspectivas sobre a cidade romana que se celebrarán en outubro na Facultade de Humanidades
7 graos cubertos
Javier Bueno sinalou asemade que 7 títulos de grao impartidos no Campus Terra da USC (Veterinaria, Enfermaría, Nutrición e Dietética, Mestre en Educación Infantil, Mestre en Educación Primaria, así como os dobres graos de Mestre en Educación Infantil e Primaria e en Enxeñaría Agrícola, Agroalimentaria e Enxeñaría Forestal e do Medio Natural) xa teñen cuberta ao 100% a súa oferta de prazas de novo ingreso.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



