O pasado domingo 18 de setembro o Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, desprazouse á Ribeira Sacra, para facer unha parte da Ruta da Ribeira Sacra do Miño. Concretamente fixeron dende San Estevo de Atán ata a Cova, con un total de 18,5 km nun día esplendido de sol na Ribeira do Miño (+ de 30 grados), unha ruta preciosa camiñando polo medio dos bancais de viñedos, con visita a Fervenza de Augacaída, o Castro de Marce, a Area Recreativa de A Maiorga, e acabando enfrente a O Cabo do Mundo, na zona de A Cova. En total foron 53 camiñantes, que disfrutaron da Ribeira Sacra, nunha ruta moi bonita; pero con tramos duros, tanto pola calor como por ser “arriba-abaixo” e con grandes desniveis. Ao final remataron cun moi merecido refrixerio no Restaurante-Parrillada A Cova, con vistas o Río Miño e o famoso Cabo do Mundo.






















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.



