A Mariña, 16 de setembro de 2016. Olalla Rodil e Montse Porteiro participaron este venres nunha reunión coa Xunta de Persoal do Hospital da Costa. Á saída da xuntanza afirmaron que o que sucede coa sanidade pública na Mariña é paradigmático na política de desmantelamento, privatización e centralización provincial do sistema sanitario público galego polo que é fundamental apartar ao Partido Popular do goberno galego. As candidatas do BNG – NÓS tamén se reuniron coa Plataforma pola Residencia da Terceira Idade de Ribadeo, onde se mostra un exemplo claro do caciquismo e sectarismo do PP coa negativa a apoiar a un concello posta en servizo dun servizo social necesario e xustificado polo simple feito de non contar cun goberno municipal da súa cor política.
As candidatas número un e tres do BNG –NÓS candidatura galega pola circunscrición de Lugo reuníronse a última hora da mañá coa Xunta de Persoal do Hospital da Costa en Burela. Olalla Rodil afirmou que “a formación nacionalista revisará todo o modelo sanitario do PP paralizando as privatizacións, comarcalizando a xestión sanitaria, impulsando o sistema de atención primaria, e dotando orzamentariamente o sistema de mais recursos e persoal para atender as necesidades da poboación”.
As candidatas nacionalistas explicaron algúns puntos do programa da formación, mostrando a intención do BNG –NÓS garantir a transparencia do sistema no caso das listas de agarda, acabar cos copagos sanitarios, eliminar o peche de camas en determinadas épocas do ano, aprobar un plan integral de saúde da muller ou un código de prevención do suicidio.
“É evidente que o Hospital da Costa deber ser ampliado, pero ampliando os servizos sanitarios, non o aparcamento que acabarán privatizando. Non é de recibo que se nos fale de ampliación cando nin sequera está prevista un equipo de resonancia magnética fixa e seguirase facendo cunha móbil cando cadra”, afirmou Montse Porteiro.
Residencia da terceira idade en Ribadeo
Pola tarde as candidatas nacionalistas reuníronse con integrantes da Plataforma pola Residencia da terceira idade de Ribadeo que levan traballando fai anos pola posta en marcha dunha nova instalación pola saturación da existente. O caso de Ribadeo con esta demanda social e a negativa da Xunta a colaborar na súa construción na que o concello so contou coa axuda económica do BNG no goberno da Deputación, é mostra do sectarismo e a política caciquil do PP, que financia ao 100% residencias que non se abren como a de Cervo, e nega toda colaboración en concellos onde non goberna como o caso de Ribadeo.




















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



