A Mariña, 16 de setembro de 2016.- Os populares reafirmaron este venres na Mariña o apoio que o Goberno Feijóo “ofreceu e continuará a dar” ao tecido empresarial, “tanto ás grandes como as medianas e pequenas empresas, así como aos emprendedores” pola súa capacidade der xerar postos de traballo e, polo tanto, riqueza na provincia.
Pola contra, a presidenta dos populares lucenses Elena Candia puxo en evidencia as contradicións nas que incorren as forzas do multipartito galego cando por unha banda falan da necesaria industrialización de Galicia e, pola outra amósanse contrarios a todos os proxectos. “Están ante unha mostra clara de cinismo, xa que a actitude que amosaron nesta lexislatura encamiñouse a poñer trabas ás iniciativas impulsadas e dirixidas á creación de novas oportunidades de emprego”, analiza a popular.
Así, a presidenta dos populares censurou a aversión do multipartito, especialmente das Mareas e do BNG, contra as empresas que impulsan a creación de postos de traballo ex eran riqueza en Galicia. “Están en contra de que se apoie a Alcoa a través dos descontos por interrumpibilidade, búscanlles peros áinvestigación dos drons de Rozas, un referente mundial do sector; amósanse contrarios a Ence, empresa cunha forte repercusión na Mariña ao ser unha zona cun forte potencial produtor de eucalipto e, especialmente, pola importante carga de traballo que xera no porto de Mirasol, en Ribadeo”, enumera Candia.
A popular citou estas trabas que o multipartito, “se empeñou en impoñer, indo en contra das demandas dos veciños e das veciños da provincia”. Porén, o número de casos que exemplifican a contradición do multipartito é extensible a toda a comunidade autónoma. “Faltoulles tempo para pedir que se paralice Reganosa en Mugardos e que se expulse a Ence de Pontevedra ou critican os encargos de eólica marina de Navantia en Fene, ao tempo que intentaron poñerlle trabas á ampliación de Citroën en Vigo, entre outros”, engaden dende o Partido Popular.
Polo tanto, a presidenta dos populares, que participou en dous mitins nas localidades de Valadouro e Barreiros, acompañada da conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, pregúntase: “nunha hipotética Galicia gobernada polas Mareas, onde traballaríamos?. Venden titulares na defensa da creación de emprego e de apoio aos traballadores, pero critican e poñen condicionantes ás medidas de apoio ás multinacionais que xeran riqueza e dan traballo”-concluíu.

















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



