Burela, 31 de outubro de 2016. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello burelés impartirá 3 novos cursos nas vindeiras semanas.
O vindeiro luns, 7 de novembro, iniciarase o curso Uso das redes sociais: Facebook, dirixido a persoas con coñecementos básicos en internet. Neste curso amosarase a manexar a rede social Facebook para así poder compartir todo tipo de información con outras persoas. O curso contará cunha duración de 10 horas, impartirase de luns a venres de 10.30 a 11.30 horas e rematará o día 21 do mesmo mes.
O día 9 comezará a impartirse o curso Bases de Datos con LibreOffice Base, organizado en colaboración coa Casa da Xuventude do Concello. Esta actividade está dirixida a persoas de 16 a 35 anos con sólidos coñecementos en informática e ofimática. Os asistentes aprenderán a crear e xestionar a súa propia base de datos a través do programa libre Base, incluído no paquete ofimático LibreOffice. Esta acción formativa estenderase ao longo de 21 horas, impartirase de luns a xoves de 18:30 a 20:00 horas e finalizará o 1 de decembro.
Por último, o 14 de novembro comezará un curso de Iniciación a internet. Os asistentes aprenderán a dar os seus primeiros pasos na internet a través do navegador Mozilla Firefox. A actividade contará cunha duración de 9 horas, impartirase de luns a xoves en horario de 16:00 a 17:30 horas e rematará o 22 de novembro.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo S/N, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal ou enviando un correo á dirección: cemit.burela@xunta.gal.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



