Este sábado 15 de outubro ás 20.00 horas a compañía Lucecús Teatro de Lugo presenta na Casa da Cultura do Vicedo a obra A ÓRBITA DO LUCECÚ. O prezo da entrada é de 1 euro. A vida dun Lucecú non é doada. Un insaciable apetito e unha búsqueda constante cun único obxectivo: Transformarse, mudar e deslumbrar ao sexo contrario para deixar de estar só, para atopar a alguén e fundirse con el nun chorro de luz que dará paso a unha nova vida. Nikola Tesla dicía que as grandes ideas nacen dun impulso. Pero eses impulsos non sempre son produtivos no seu nacemento senón despois, noutro momento máis grande, e terán poder suficiente para darlle forma incluso als nosos mesmos destinos. Empresa busca astronautas para viaxar a Marte en 2025. O primeiro podes ser ti. Calquera pode ser un extraterrestre. Tres compañeiros de piso a piques de cambiar os seus destinos, conviven no salón da súa casa. Explora as relacións humanas nunha viaxe curiosa e divertida a través de Marte, nikola Tesla e os Lucecús.
‘A órbita do lucecú’, no Vicedo
‘A órbita do lucecú’, no Vicedo
Relacionado
-
Este xoves, 26 de xuño, tivo lugar na Praia de Frexulfe (Navia) o acto oficial de entrega das Bandeiras Azuis 2025, organizado polo Concello de Navia, coa presenza de autoridades e representantes de entidades galardoadas
-
A Sociedade Cultural Ledicia, de Burela, remata o curso da escola de baile e música tradicional cun festival aberto ao público que terá lugar o vindeiro domingo 27 de xuño ás 19:30 h na praza do Concello
-
A campaña “Separa. Depende de ti” de Sogama fixo este xoves parada en Cervo