Santiago, 30 de outubro de 2016.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio rematará este ano as obras para a adecuación do sendeiro peonil Os Toxeiros, no Concello de Barreiros.
A actuación consiste en na recuperación dun tramo de máis dun quilómetro de lonxitude (1.065 metros) dun camilo existente, para o que se procedeu á retirada de terras –que na actualidade obstrúen o camiño- e posteriormente acondicionarase o sendeiro mediante o aporte de material de canteira para formar unha base sólida sobre a que se disporá unha capa de zahorra compactada para que o camiño sexa transitable.
Así, os traballos -que se iniciaron a semana pasada- consistirán no movemento de terras, na formalización da plataforma do camiño e tamén no saneamento das augas pluviais, coa colocación dunha tubaxe enterrada de polietileno de 400 mm de diámetro e 100 metros longo.
A actuación localízase no entorno do barrio da Barranca, na parroquia de San Miguel de Reinante, no concello de Barreiros. A zona de actuación inclúe terreos que forman parte ou limitan coa Rede Natura 2000, na ZEC As Catedrais.
Esta actuación, que ten un orzamento de 60.000 euros, ten por finalidade de garantir o seu carácter de utilidade pública, buscando un equilibrio entre o uso público seguro da mesma e a divulgación e conservación dos valores naturais e culturais polos que discorre, ademais de crear oferta no sector rural e a potenciación dun modelo de desenvolvemento sostible.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



