Hoxe tas de aniversario. Fai 166 anos que naciches no Ferrol. Bo dia para nacer, o día das San Lucas, unha feira moi importante na nosa terra. Por certo case nacemos o mesmo día. Eu celebrei anos onte.
Ti que fundaches o PSOE o 2 de Maio de 1879 como un partido de crase obreira, socialista e marxista, si podes ver, dende algún lado, o teu partido seguro que non entenderas nada do que está a pasar.
Vou haber si cho podo aclarar. Resulta que a día de hoxe no noso partido non hai ningunha ideoloxía. Primeiro no ano 1979 renunciamos o Marxismo, e hoxe xa non podemos presumir de representar a clase obreira nin a socialista.
Os nosos dirixentes non teñen como primeiro obxetivo a defensa dos intereses da crase obreira e a mellora da sociedade na que vivimos. A maioría deles son xente estudada que pasa da universidade as institucións e non coñecen a realidade da sociedade na que viven. Tratan de asegurarse os postos de saída nas listas electorais, e raramente os veras defendendo un desauciado ou unha reivindicación cidadá, si acaso en época electoral.
Os lideres teñen moito intres en controlar o partido e hai unha verdadeira guerra por o poder que o ten totalmente dividido. Non escoitan a militancia que está moi enfadada.
Vouche avanzar algunhas das cousas que van pasar no noso partido proximamente para que te vaias facendo a idea:
– O vindeiro domingo vai haber una Comité Federal que vai favorecer a investidura de Rajoy que lidera o partido que defende todo aquelo contra o que ti loitaches. Vai ser un Comité Federal duro, con bronca e que dividirá o partido entre os que queren facilitar a investidura e os que non. Van gañar, pero a división vai quedar por moito tempo aínda que a tratarán de disimular.
– Din que e o menos malo e que o fan por intres do Pais. Din que o tar o PP en minoría pódese controlar no parlamento e que terá que negociar día a día.
Eu non entendo nada. Si o mellor para o pais e ter un goberno, haberá que deixarlle gobernar. Vamos ser nos quen favoreza esa gobernabilidade, vamos ser nos que lle aprobemos os presupostos. Non creo que sexa iso o que queren os nosos afiliados nin votantes, nin creo que no lo premien en futuras eleccións.
Si por o contrario non vamos favorecer a gobernabilidade e so vamos facer unha labor de control do goberno, por que favorecer a investidura, ou si se favorece, por que non se entra no goberno, non hai mellor forma de controlar o goberno que estando nel. Tampouco creo que nos agradezan os votantes que favorezamos a investidura dun goberno e non lle deixemos gobernar.
– O que si teño claro e que os afiliados e os votantes do PSOE non queren que se favoreza a investidura do goberno do PP. Tamén teño claro que non os van a consultar por moitas firmas que presenten. Eu dende logo non facilitaría a investidura de ninguén do PP sen consultar os afiliados que realmente son a voz do partido, e ademais o PP defende políticas moi distintas as nosas. Ademais non hai un só votante do PSOE que puidese imaxinar que o seu voto servise para investir a Rajoy.
– No pleno de investidura farán o paripe. Aínda que todo o Pais sabe que van facilitar a investidura, en primeira convocatoria votaran que non, e en segunda absteranse, ou ausentaranse, un número suficiente mentres os demais votaran non.
Si todos sabemos o que van facer, non entendo, por que non o fan xa na primeira sesión, Aforrase tempo e cartos.
– O partido vai quedar dividido e a guerra trasladarase as primarias para a elección de secretario xeral e o próximo Congreso. Por certo que algún, ou algunha, dos lideres que apostaron moi forte neste proceso vai ter moi difícil acadar a Secretaria Xeral o ter a militancia en contra.
Como veras o partido está moi mal. Peor que cando empezastes. Erades poucos, pero unidos, e con traballo e unión podíase medrar. Agora somos mais. Pero divididos e enfrontados e iso só nos pode levar o fracaso e mesmo a desaparición.
Querido Pablo aínda que son moi malos tempos para o partido, somos moitos os que che agradecemos o teu esforzo o crear o partido e tratar de engrandecelo. Aínda que hoxe algúns parece que o queren levar o fracaso.
Un saúdo socialista e ata tempos mellores.
J. Fco Ramalleira
Afiliado do PSdeG de Foz





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



