Importante vitoria do Frutas Jose FSF na cancha do Concello de Guitiriz nun partido que as Viveirenses dominaron de principio a fin, levando a iniciativa e o control do balón ante un equipo local que agardaba a súa oportunidade para sair ao contragolpe, pero que unha e outra vez se atopaba coa solidez defensiva do Frutas Jose, polo que apenas chegaban con perigo ante a portería de Laura.
Pola contra as viveirenses gozaron de numerosas ocasións de gol ante a porteria rival, defendida por Alica, sen dúbida a xogadora máis destacada das locais.
A segunda parte foi un pouco mais aberta xa que o Guitiriz adiantou liñas e xerou algo máis de perigo, pero isto tamén fixo que descoidaran un pouco a súa defensa, polo que o Frutas Jose seguía chegando con moito perigo a meta local, aunque non foi ata os derradeiros mintuos que María subía o 0-1 ao marcador dun potente disparo, xa sen tempo para que as locais reaccionaran.
Concello Guitiriz.: Alicia, Noemi, María, Margaria e Uxia. Tamén xogaron.: Andrea, Noelia e Marta.
Frutas Jose.: Laura, Nerea, Mery, Marta e Rosana. Tamén xogaron.: Bea, Maria, Andrea e Sandra
O Frutas Jose recibe o próximo domingo día 6 de novembro ao Monterroso FSF, no que será o seu debút ligueiro na su casa, despois de dous desprazamentos consecutivos.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
