Burela, 31 de outubro de 2016. O vindeiro xoves, 3 de novembro, realizaranse modificacións no tráfico rodado en Burela para rematar a construción dunha rotonda na zona do Perdouro, en Arcadio Pardiñas, nas inmediacións do novo acceso ao porto. O tráfico nese lugar estará cortado e desviarase por outros lugares que estarán convenientemente sinalizados, segundo deu a coñecer este mediodía o alcalde, Alfredo Llano.
O rexedor explicou que “como xa todo o mundo vai coñecendo o que é o acceso ao porto para Burela vai culminar enseguida, calculamos que en poucos días estará rematado. E quero avisar de que o xoves vaise facer unha actuación na rotonda, na rúa Arcadio Pardiñas, na zona do Perdouro. Vanse realizar diversos traballos para rematar o que é rotonda que haberá nese punto, vaise asfaltar”.
Alfredo Llano indicou que “se vai desviar o tráfico, non se pode ir pola mañá alí ata que se remate esa obra, e vaise desviar a circulación. Xa se sinalizará para desviar o tráfico por outro lugar, porque a poucos metros da gasolineira xa non se vai poder pasar”.
O alcalde de Burela quere “avisar aos condutores desta molestia e pedir a colaboración de todos os veciños e veciñas de Burela” e advirte “aos condutores que poidan pasar por alí que o xoves non poderán facelo, pero que saiban que se vai sinalizar suficiente para que non haxa problemas”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



