A relación Foz-Mondoñedo data de tempos moi afastados. Vellos papeis refiren que a primeira actividade mercantil dos focenses foi a venda de peixe fresco nos mercados da cidade episcopal¸labor que se mantivo vixente ata hai poucos anos. A cotiá presenza destas vendedoras fixo que chegasen a formar parte da xeografía humana da histórica cidade e que nela acadaran gran popularidade . Por outra banda a relación foi recíproca pois Mondoñedo – con Lourenzá e Valadouro – foron pioneiras do veraneo focego, e xa o xornal “El Baluarte de Galicia¬¬,¬¬¬” da cidade do Masma,do 19-7-1892 (hai 124 anos),decía: “Ha salido para Foz , con objeto de tomar baños don Felipe Carrera, acompañado de su distinguida esposa doña Carmen Robles”.
Don Xosé Trapero, xornalista e escritor, que vivíu todo o século pasado ata o ano 95, nos comentou a veces o feito, e relacionaba os nomes de familias do principio do s.XX que en Foz tomaban os baños.
Xa entón meu tio avó, Antonio de Botes, establecera liña de viaxeiros entre os dous pobos, en flamante dilixencia tirada por cabalos; servizo que algúns días prolongaba ata Baamonde con emigrantes para coller o tren á Coruña e alí embarcar para América, a cuxos portos chegaban tras un mes, aproximado, de navegación; da que moitos deles endexamais voltarían.
En 1922 Botes mercou un Dion Bouton, marca francesa da que tiña a concesión o mindoniense Xosé Barro, estabrecido en Chavín con importante industria.De contado mercou outro Dion idéntico. Ambos lucían nos costados o nome de “El Focense”. Foron perante moitos anos cordón umbilical entre ambas localidades. Cara a aquéla ían as caixas das pescantinas cheas de peixe que para a volta cargaban dos magníficos froitos da horta daquel fértil val.
Ao pouco tempo, en desgrazada manobra nunha rúa do centro de Mondoñedo, perdía a vida Antonio de Botes, o creador da Empresa: home moi popular e de grande prestixo social.
Chegadas as San Lucas, o coche, ateigado de viaxeiros ata a “baca”, redobraba os esforzos para carrexar tanta parroquia. O ano 1965 finou Xosé de Botes,o fillo do promotor; o coche seguíu acudindo á cidade episcopal levado polo seu fillo ,Antonio; ata que, pasados uns anos os herdeiros venderon a empresa . Endexamais o coche de Botes voltou ás San Lucas.
Suso Fernández
























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



