O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE está preparando a súa visita a Fragavella (Serra do Xistral-Concellos de Mondoñedo e Abadín).
O grupo fará unha ruta nos Montes da Fragavella, que dista a 15 km. de cidade de Mondoñedo e que colle os Concellos de Mondoñedo e Abadín o vindeiro domingo 23 de outubro con saída de Xove ás 09.15 horas.
A Fragavella é un dos poucos Paraisos Naturais que quedan no norte da Provincia de Lugo. Nela encontraremos unha gran variedade de flora e fauna autóctona e tamén encontraremos un monte sin o voraz eucalipto, todo cuberto de pinos, e que no outono e moi visitada pois toda ela produce unha gran variedade e cantidade de cogomelos. A Fragavella é un dos montes de toda da Provincia de Lugo que máis cogomelos produce.
De feito o empresario de orixe xaponés Katuza Kimura, elixiu no ano 1.985 o bonito lugar de A Fragavella para o cultivo de setas orientais a nivel industrial. A principios dos anos 90, abandonou a súa explotación, por problemas co suministro eléctrico nesta zona tan afastada.
Existe na Fragavella, unha finca de propiedade da Xunta de Galicia, destinada á críaa de cervos e vacas de raza cachena.
Información e inscricións na Piscina Municipal de Xove ou no teléfono 618 976 159.