María Jesús Vale lópez, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS para o próximo Pleno.
1) Algúns veciños quéixanse da suciedade que se acumula no acceso ós muiños de Xunqueira, sen que ninguén se preocupe por mantelos limpos. Por este motivo lle ROGAMOS á Sra. Alcaldesa que adopte as medidas oportunas para subsanar o problema á maior brevidade posible e se proceda á limpeza e adecentamento desta zona.
2) No barrio de Xunqueira procedeuse no seu momento o asfaltado dunha pista, pero un camiño perpendicular á mesma é que da acceso as vivendas cos números 155, 156 e 157 quedou sen asfaltar, o que provoca dificultade para acceder ás mesmas. Por este motivo lle ROGAMOS á Sra. Alcaldesa que a maior brevidade posible se proceda ao asfaltado do mencionado camiño co obxecto de mellorar a accesibilidade a estas vivendas.