Santiago, 31 de outubro de 2016.- O Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE) en centros non universitarios sostidos con fondos públicos chegará este curso 2016/17 a un total de 615 centros. Así se desprende da resolución da convocatoria deste ano, na que se amplía a lista con 48 novas incorporacións, 38 centros públicos e, os outros 10, concertados. De feito, esta é unha das novidades da convocatoria, posto que por primeira vez, o PLAMBE tamén estará presente nos centros con concerto educativo.
A iniciativa, que pode consultarse na web da Consellería, no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20161026_resolucion_bibliotecas.pdf, esténdese este curso a tres novos centros da provincia de Lugo. En concreto, trátase do CEIP Ramón Falcón de Castro de Rei, do CEIP Monte Baliño de Pantón e da EOI de Ribadeo.
Ao abeiro do PLAMBE, a Consellería de Cultura e Educación financia, con máis de 1,2 millóns de euros, a adquisición de novos fondos documentais, a dotación de mobiliario e equipamento e gastos de funcionamento destes espazos. De feito, no caso dos centros de nova incorporación, as axudas irán destinadas precisamente a estes eidos.
Por outro lado, con respecto aos centros integrados no programa con anterioridade ao ano 2014, estes recibirán asignacións para a incorporación de novos fondos á colección da biblioteca; mentres que os centros que se sumaron na convocatoria do ano pasado poderán recibir, a maiores, financiamento para adquisición de mobiliario e dotación ou renovación de equipamentos básicos, así como para gastos de funcionamento específicos.
Mellora da calidade nos procesos de aprendizaxe e ensino
Con esta iniciativa, a Consellería de Cultura e Educación reafirma a súa aposta pola mellora e modernización do sistema educativo a través da biblioteca escolar entendida como un elemento estratéxico de innovación pedagóxica. Unha biblioteca escolar activa e renovada contribúe a ampliar a calidade dos procesos de aprendizaxe e de ensino e resulta un instrumento importante tanto para o profesorado como para o alumnado na consecución do éxito escolar.
A este obxectivo responde o PLAMBE, enmarcado no Plan LÍA de bibliotecas escolares para a lectura, a información e a aprendizaxe (actualmente estase desenvolvendo a segunda fase deste plan), xa que busca poñer en valor a importancia da biblioteca escolar dentro dos centros de ensino, posto que se trata de espazos onde o alumnado consolida o seu hábito lector ao mesmo tempo que adquire outras competencias clave. Tamén serven de canle para a integración das tecnoloxías da información e da comunicación nos diferentes centros, ofrecendo a posibilidade dun acceso igualitario aos bens culturais; e favorecen a alfabetización múltiple, entendida como a “comprensión, utilización e avaliación crítica de diferentes formas de información, incluídos os textos e imaxes, escritos, impresos ou en versión electrónica”, segundo o establecido no documento do Consello da Unión Europea do 26 de novembro de 2012.
Datos de resultado
Segundo as cifras do curso 2015/2016, no 94% dos centros PLAMBE, o alumnado fai uso cotián da biblioteca para potenciar a súa aprendizaxe. Ademais, no 93% están integradas as TICs nas diferentes actividades, no 86% dedícase un tempo específico para a lectura en horario lectivo (denominado ‘hora de ler’) e no 80% promóvense proxectos de innovación educativa.
A maiores, estes espazos fomentan a implicación das familias. De feito, o 47% das bibliotecas con PLAMBE organizan actividades destinadas especificamente ás familias do alumnado, mentres no 58%, os familiares colaboran directamente en iniciativas da propia biblioteca.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



