Burela, a 31 de outubro de 2016.- O Grupo Municipal Popular (GMP) declarou este luns que “as subvencións municipales que se concedan a través do sistema de concorrencia competitiva non serán abonadas hasta entrado 2017, o que supón un grave perxuicio para os colectivos e asociacións que soliciten estas subvencións, que por desgracia son todos menos, os dez que foron ‘agraciados’ coas subvencións nominativas que aparecían nos presupostos do presente ano”.
Os populares aseguran que “as bases que obrigatoriamente teñen que rexer o procedemento de concesión de subvencións en réxime de concurrencia competitiva foron aprobadas hai dez días. Tendo en conta que hai que publicalas, dar un prazo para solicitar, resolver, xustificar, etc., os colectivos e asociacións cobrarán no ben andado o primeiro trimestre de 2017, como moi cedo”.
Para os populares, “que esto aconteza, é un desprecio absoluto hacia as asociacións e colectivos, xa que compre lembrar que a principios do mes de marzo do presente ano foi anunciada por membros do goberno socialista unha reunión con colectivos na que serían informados das bases das subvencións. Reunión á que, de terse producido, non foron invitados todos os colectivos”.
“Pois ben, indican desde o GMP, logo de ter anunciado a bombo e platillo que todas as subvencións para 2016 se concederían en réxime de concurrencia competitiva, resultou que nos presupostos para o presente ano hai un total de 138.500’00€ para subvencións, dos que 91.150’00€ foron concedidos con carácter nominativo entre só dez asociacións ou colectivos, algo que agora fai o PSOE sin ningún rubor e que antes criticou cou desmesura. Deste xeito, só quedaban para o sistema de concurrencia competitiva un total de 47.350’00€”. Pero sorprendentemente, segundo consta na acta da xunta de goberno do 19 de outubro, só son 32.800’00€, ou sexa, 14.550’00€ menos”.
Deses 32.800’00€, 2.500’00€ son destinados ás axudas para a adquisición de material escolar, 17.200’00€ para subvencións a asociacións e colectivos do ámbito da cultura, e 13.100’00€ para subvencións deportivas, indican os edís populares.
O GMP afirma que “deste xeito, o total real, entre as subvencións nominativas e as de concurrencia competitiva, é de 123.950’00€, mui lonxe dos 152.000’00€ de 2015 cun goberno do PP. Ou sexa, 28.050’00€ menos, un 18’5%. E compre lembrar que o presuposto municipal de 2015 era inferior ó presuposto do presente ano”, afirman desde o GMP.
Desde o GMP indican que “en 2015, cun goberno municipal do PP, o importe real de subvencións para asociacións e colectivos nos presupostos municipáis ascendeu a 152.000’00€, un 10% máis do que hai para o presente 2016, e cun presuposto de menor contía en términos absolutos”.
Os populares afirman que “a día de hoxe, só nos queda concluir que o alcalde e o seu goberno mentiron en todo canto falaron das subvencións. Mentiron nas contías, xa que dixeron que incrementarían a partida e vemos cómo diminuiu; mentiron na forma de concesión das subvencións, xa que dixeron que ían ser todas en réxime de concurrencia competitiva e logo conceden as tres cuartas partes dos cartos con carácter nominativo vía presupostos; mentiron nos prazos, xa que dixeron que na primavera estarían as bases elaboradas cando foron aprobadas hai dez días; e, o peor de todo, están afogando económicamente ás asociacións e colectivos que están agardando polas subvencións en réxime de concurrencia, porque baixan ainda máis a contía total e por riba non cobrarán ata 2017”.
O GMP afirma que “non queremos pensar que se esteñan pagando de forma irregular actividades de certas asociacións e colectivos, para escapar do que eles mesmos prometeron”.
Finalmente, desde o GMP indican que “o alcalde, e os concelleiros que estiveron nas conversas cos colectivos, deben dar explicacións sobre este asunto. A súa falla de credibilidade é máis ca evidente”.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



