Ribadeo, 17 de outubro de 2016.- O Grupo Municipal do PP de Ribadeo esíxelle ao Goberno local que elabore un plan integral sobre saneamento como paso previo para poder pedir axuda doutras administracións. Os populares saen así ao paso das declaracións do rexedor do BNG nas que di que o PP debe axudar a reclamar o saneamento.
O voceiro dos populares, Jesús López Penabad, explica que “debe ser o BNG, que é o que conta con maioría absoluta no Concello, quen faga propostas como Goberno antes de pedir a colaboración da oposición”. “O que non podemos desde o PP é gobernar por eles. Nós axudaremos en todo o que poidamos, como sempre o facemos, pero son eles os que teñen que facer propostas”.
Así, desde o PP non só lle reclaman aos nacionalistas un plan sobre o saneamento, senón tamén unha proposta para o arranxo dos camiños e pistas do rural, así como unha proposta global para que o rural cobre vida e non siga a estar discriminado.
“É lamentable que responda así e ademais cargue contra a Xunta cando é precisamente o Goberno galego quen está a financiar as obras de rebacheo que o Concello está a levar a cabo en diferentes estradas da localidade”, replican os populares. López Penabad recorda ademais que moitas das actuacións que se levan a cabo en Ribadeo son posibles grazas aos fondos que outorga a Xunta.
Por todo o anterior, o Grupo Municipal do PP pídelle ao rexedor que “deixe de botar balóns fóra” e faga os plans que corresponden a nivel municipal e despois terá a colaboración do PP para poder levalos a cabo”, insiste Penabad.
“Asegurámoslle ao señor Barcia que se o fai así tamén na Xunta atopará ‘amigos’, como el lles chama, que, tal e como é habitual, sigan a facer investimentos en Ribadeo”.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



