Burela, 11 de outubro de 2016. O concelleiro de Deportes e primeiro tenente de alcalde, Ramiro Fernández, fixo un balance moi positivo do torneo Marosa Cup disputado este pasado fin de semana nas instalacións da Marosa e que organizou a ADF Porto de Burela.
O edil felicitou “á estupenda organización do torneo por parte da ADF Porto de Burela”, e quixo mostrar o seu total apoio a este tipo de inicitivas “deixando claro que o apoio do Concello de Burela a este tipo de torneos de fútbol base vai a ser máximo”. Felicitou tamén aos nenos que representaron neste caso ao ADF Porto de Burela “polo nivel competitivo que demostraron na competición, onde quedou claro que contamos cunha moi boa canteira de xogadores”.
Ademais do estrictamente deportivo, Ramiro Fernández, tamén quixo destacar “o carácter transversal deste tipo de torneos e competicións que superan o ámbito deportivo, xa que fan que se achegara a Burela unha grande cantidade de xente do resto da provincia e de Asturias que fixeron que tanto a hostelería e o comercio do pobo se viran favorecidos por este evento, polo que o beneficio e o retorno para o pobo deste tipo de competicións é dobre: o deportivo e o económico”.
Ramiro Fernández quixo felicitar á ADF Porto de Burela “polo grande traballo que están a facer cos nenos e nenas que practican fútbol de categorías base en Burela”, e mostrou o seu compromiso coa directiva do ADF Porto de Burela e de todos aqueles clubes que promocionen e impulsen o deporte de base.