Máis de 1.100 clubs e asociacións de toda a provincia solicitaron as subvencións que a Deputación puxo en marcha para potenciar o Deporte e a Cultura nos 67 Concellos lugueses. Os técnicos provinciais traballan na valoración das mesmas para proceder a súa resolución nas vindeiras semanas.
En total, as axudas ás entidades e clubs deportivos da provincia contemplan un presuposto de 500.000 euros, mentres que as axudas dirixidas ás asociacións culturais lucenses están dotadas dun orzamento de 400.000 euros. En ambos os dous casos, o Goberno da Deputación decidiu ofrecer as asociacións e clubs, que finalmente resulten beneficiadas, un anticipo da axuda do 80%.
Solicitudes de Deportes na Mariña, Centro e Sur
O total de solicitudes para optar ás subvencións de deportes ascende a 549. Estas axudas comprenden tres liñas principais de actuación, que son as seguintes:
– axudas de entre 700 e 4.000 euros para a actividade competitiva: destinadas a sufragar os gastos de arbitraxe, transporte, gastos federativos (licenzas, seguros, etcétera) e canons derivados da participación nunha competición deportiva oficial. Un total de 229 asociacións solicitaron este tipo de axudas: 47 da zona norte, 130 da zona centro e 52 da zona sur da provincia.
– axudas de entre 300 e 2.000 euros para a organización de eventos deportivos: destinadas a desenvolver eventos deportivos de carácter puntual (duración entre 1-6 horas a 20 días aproximadamente) na provincia de Lugo. Un total de 133 asociacións solicitaron este tipo de axudas: 32 da zona norte, 75 da zona centro e 26 da zona sur da provincia.
– axudas de entre 300 e 4.000 euros para a actividade deportiva: destinadas a realizar actividades deportivas de carácter permanente (duración entre 1 e 12 meses e cunha execución de como mínimo 1 xornada por cada un dos meses de duración total) na provincia de Lugo. Un total de 187 asociacións solicitaron este tipo de axudas: 37 da zona norte, 107 da zona centro e 43 da zona sur da provincia.
Solicitudes de Cultura na Mariña, Centro e Sur
Por outra banda, o total de solicitudes para optar ás subvencións de cultura ascende a 563. Esta programación de axudas ás entidades culturais contempla 2 liñas de actuación:
– axudas de entre 300 e 8.000 euros para programacións de carácter anual, que supoñen a principal actividade, ou conxunto de actividades, da entidade asociativa. Un total de 298 asociacións solicitaron este tipo de axudas: 56 da zona norte, 169 da zona centro e 74 da zona sur da provincia.
– axudas de entre 300 e 6.000 euros para actividades con carácter puntual, entendendo como tal, aqueles eventos importantes, programados con antelación, para un determinado momento no tempo. Un total de 265 asociacións solicitaron este tipo de axudas: 58 da zona norte, 143 da zona centro e 64 da zona sur da provincia.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



