Triunfo do Pescados Rubén Burela pola mínima (1-2) na súa visita á cancha do Sportiu Rubí FSF onde sufriu nos minutos finais máis pola incerteza do marcador que polo perigo xerado polas locais.
Empezou enchufado o conxunto dirixido por Iván Cao que no primeiro minuto abriu o marcador tras unha bonita xogada de estratexia á saída dun córner que Lara finalizou con acerto. O 0-1 foi un revés para a escuadra catalá que plantexou o encontro cunha defensa pechada e á espera dun erro burelista para intentar algún contragolpe. Ao pouco tempo chegou o segundo gol mariñao, esta vez con Cilene como protagonista ao culminar unha boa acción colectiva. Co 0-2 o Pescados Rubén tomouse un lixeiro respiro aínda que levou a iniciativa do xogo en todo momento. A escuadra catalá apenas inquietaba a meta defendida por Jozi mentres que as burelistas acumulaban ocasións erradas para aumentar a súa renda. Ao descanso chegouse co 0-2 e na continuación tras un intercambio de golpes o Rubí recortou distancias por mediación de Domi que culminou unha xogada ao pivote do seu equipo. O 1-2 xerou certo desconcerto momentáneo nas filas laranxas que se contaxiou do ritmo lento proposto polo Rubí, as locais afianzáronse no seu guión para atopar o contragolpe que lle guiase ao empate. O Pescados Rubén non lograba rematar ao seu rival malia as ocasións xeradas e o choque entrou no tramo final cun emocionante 1-2. O Rubí intentouno con máis ganas que acerto ante a ordenada defensa mariñá e o marcador permaneceu impasible (1-2) ata o pitido final.
Ficha técnica
Sportiu Rubí FSF: Nerea, Tosti, Alba, Gisela, Domi –cinco inicial- Ana, Arantxa, Gloria, Laia, Marta, Ainoa.
Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Lara, Bea Mateos, Cilene –cinco inicial- Shiori, Judith, Elvira, Silvia, Sofía.
Goles: 0-1, m.1, Lara; 0-2, m.4, Cilene; 1-2, m.23, Domi.
Árbitros: Marc Bastidas, Víctor Pasamontes. Cartón amarelo a Domi y Gisela del Rubí FSF.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 6 de Primeira División, disputado no pavillón municipal La Llana de Rubí.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
