Vitoria do Magna Gurpea por 5-2 ante o Pescados Rubén Burela que non logrou o desafío de asaltar Anaitasuna. Con este trunfo os pamplonicas mantéñense invictos na competición tras un partido moi completo no que venceu con xustiza a un conxunto burelista que tardou en reaccionar no feudo navarro.
O Magna Gurpea realizou unha posta en escena fulgurante presionando a un Pescados Rubén Burela que se vía obrigado a conter as embestidas pamplonicas. Araça e Rafa Usín avisaron no primeiro minuto e no seguinte o estilete local non perdoou. Rafa Usín enganchou unha volea espectacular para marcar o 1-0 e rendibilizar o acoso sobre a portería de Álex. A pesar do gol os pamplonicas non levantaron o pé do acelerador con Rafa Usín como protagonista principal na finalización pero Álex respondeu con seguridade e Petry salvou o segundo gol navarro. Ata o minuto 10 non chegou a primeira resposta laranxa cun disparo de falta directa de Iago Rodríguez que Asier logrou neutralizar. Os navarros controlaban o xogo e gozaban de oportunidades para ampliar a súa renda; Jesulito nunha contra e Yoshikawa cun disparo volveron atoparse con Álex que sostiña ao seu equipo no partido. Logo dun tempo morto chegou o 2-0 por mediación de Araça e Dani Saldise acariñou o terceiro ante un Pescados Rubén Burela desaparecido en Anaitasuna e que no último minuto recorreu ao xogo de cinco para contemporizar o partido e irse ao descanso co 2-0.
Na segunda parte o duelo comezou cos papeis intercambiados, o Pescados Rubén saltou máis enchufado para recortar distancias e gozou dun par de aproximacións perigosas pero o 3-0 marcado por Roberto Martil tras un potente disparo foi un duro golpe para a reacción laranxa. O xogo transcorreu durante varios minutos sen demasiadas incidencias ofensivas e no minuto 28 o Pescados Rubén apostou polo xogo de cinco para intentar variar o devir do choque. O recurso mariñanao que noutras ocasións funcionara á perfección non xurdiu efecto en Anaitasuna. O eterno Eseverri neutralizou o recurso dos de Daniel Ibañes ao marcar o 4-0 e no minuto 35 Rafa Usín encargouse de ampliar a renda local (5-0). O duelo entrou na súa recta final co Magna como claro acreedor da vitoria aínda que Matamoros aproveitou un dobrepenalti para situar o 5-1, minuto 36, e iniciar unha tardía reacción burelista. Asier evitou o segundo gol dos galegos en primeira instancia pero nada puido facer ante Petry que marcou o 5-2 definitivo.
Ficha técnica
Magna Gurpea: Asier, Dani Saldise, Eseverri, Araça, Rafa Usín – cinco inicial- Roberto Martil, Yoshikawa, Jesulito, Alvarito.
Pescados Rubén Burela FS: Álex, Bellvert, Cuco, Matamoros, Iago Rodríguez –cinco inicial- Chano, Antoñito, Petry, Iago Míguez, Hélder.
Goles: 1-0, m.2, Rafa Usín; 2-0, m.14, Araça; 3-0, m.24, Roberto Martil; 4-0, m.29, Eseverri; 5-0, m.35, Rafa Usín; 5-1, m.36, Matamoros; 5-2, m.38, Petry.
Árbitros: González Moreta, Sánchez Chamorro. Cartón amarelo no Magna Gurpea a Roberto Martil, Jesulito, Yoshikawa, Eseverri. No Pescados Rubén Burela cartón amarelo a Matamoros.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 4 de Primera División disputado no pavillón Anaitasuna de Pamplona. 2100 espectadores.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
