O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentaba este venres xunto co Deputado de Deportes, Pablo Rivera, e o Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, no anexo ao Pazo Universitario, o Movémonos, o programa deportivo, saudable e social que o organismo provincial retoma este mes de outubro no rural lugués. Ao acto tamén acudiron ducias de maiores e persoas con capacidades diferentes de Concellos de toda a provincia que participan nesta programación. De feito, fixeron unha demostración das actividades que realizan nas clases do Movémonos.
Campos Conde explicou que “Movémonos está encamiñado a vencer os obstáculos que dificultan a práctica deportiva, promovendo a actividade física moderada en colectivos de distinta índole afincados en concellos lucenses, cuxo acceso á práctica deportiva e aos seus beneficios se atopa limitado”.
82 asociacións de toda a provincia
Un total de 82 asociacións, 25 da zona norte, 41 do centro e 17 do sur da provincia participan neste programa, achegando numerosas actividades deportivas a máis de 1.300 lucenses maiores ou con capacidades diferentes. Movémonos comezará o día 13 de outubro e prolongarase ata finais de ano.
ZONA NORTE
Burela Asociación Camiña
Asociación De Axuda Ó Enfermo Mental “A Mariña”
Fundacioneuson
Afan Burela (Alzheimer)
Viveiro Aspanane 1
Aspanane 2
Afavi
Ribadeo As. Asistencial Virxe Do Carme De Foz
Foz A Mariña- Cogami
Mondoñedo Centro San Pablo E San Lázaro
Asociación Ti Elixes
Asociación De Veciños O Castelo De Oirán
Escola Do Carmen
Asociación Veciñal San Andrés De Masma
A Pontenova Udp Val De Miranda
Trabada Asociación Os Tres Pes
Barreiros Asociación O Cazcallal (Vilamar)
Asociación A Parrala (Rilleira)
Asociación Celeiro De Mariñaos
Asociación Mulleres Rurais Tea De Araña
Lourenzá Asociacion Veciños O Refuxio De San Xorxe
Cervo Asociación Veciños Burgo De Trasbar
Aa.Vv. San Román De Vilaestrofe
Ourol Asociación Irmáns Vilar Ponte
Muras Asociación Cultural Xistral
Actividades
A metodoloxía de traballo basearase no Enfoque educativo do Construtivismo, o cal concibe a aprendizaxe como resultado dun proceso de construción persoal-colectiva dos novos coñecementos, a partir dos xa existentes e en cooperación cos compañeiros/as e os/as facilitadores/as. As actividades que se ofrecerán son as seguintes:
– Multideporte: Actividade de carácter deportivo multidisciplinar. Esta actividade dá a posibilidade de iniciarse en varios deportes coa finalidade de que se poida escoller o que máis adecúe ás posibilidades e/ou intereses das persoas participantes.
– Ximansia de mantemento: Actividade dirixida que se basea nun conxunto de actividades encamiñadas á conservación e mellora da condición física, alcanzando un estado físico óptimo mediante o desenvolvemento de exercicios físicos de mantemento, tonificación e coordinación de forma xeral.
– Acondicionamento físico e aeróbico: O aeróbic é un tipo de exercicio capaz de estimular a actividade cardiovascular e respiratoria durante un tempo o suficientemente longo, como para producir nonoso corpo determinados beneficios como mellorar a saúde, previrenfermidades, mellorar a forma física, incrementar o ritmo metabólico, eliminar graxas de reserva e reducir a tensión.
– Pilates: Traballa a musculatura profunda e superficial unindo aspectos do concepto de actividade física occidental e oriental a través de exercicios dinámicos, control do movemento, fluidez e respiración.
– Actividades para persoas con capacidades diferentes: Actividade física baseada na adaptación da tarefa ás capacidades de cada individuo. Dentro deste tipo de actividade englóbanse todas aquelas modalidades deportivas que se adecúan a persoas con diferentes capacidades, ben porque se realizaron unha serie de adaptacións e/ou modificacións para facilitar a práctica a ese colectivo, ou porque a propia estrutura do deporte permite a súa práctica sen adaptacións relevantes.
– Ximnasia Rítmica: A ximnasia rítmica é unha disciplina que combina elementos de ballet, ximnasia, danza e o uso de diversos aparellos como a corda, o aro, a pelota, as mazas e a cinta.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



