Cervo, 24 de novembro de 2016. O pleno da corporación municipal de Cervo abordará este xoves a partir das 20:00 horas a incorporación do Concello á rede de gobernos locais e biodiversidade co fin de promover melloras medioambientais.
O alcalde, Alfonso Villares, anunciou que “hoxe no Concello de Cervo a partir das oito da tarde vai ter lugar un pleno ordinario onde imos levar unha serie de puntos, entre eles aprobar a modificación de estatutos da Mancomunidade de Municipios da Mariña Luguesa para incorporar ao Concello de Viveiro. Tamén imos aprobar unha adhesión á declaración da Federación Española de Municipios e Provincias en relación co Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller”.
Alfonso Villares engade que “outro dos puntos a salientar é a aprobación da incorporación do Concello de Cervo á rede de gobernos locais máis biodiversidade. Neste punto eu penso que é importante salientar o feito de que desde o Concello de Cervo plantexámonos un novo reto medioambiental, que neste caso é o de adherirnos a esta rede de gobernos locais e biodiversidade”.
O alcalde de Cervo subliña que “sen dúbida ningunha nos tempos futuros, e ademais son directrices marcadas desde Europa, a normativa que imos ter que aplicar, non soamente os gobernos nacionais ou autonómicos senón tamén os gobernos locais, van ser políticas onde hai que incidir notablemente nos aspectos medioambientais e sobre todo da saúde. Son cuestións que todos temos presentes pero debemos involucrarnos moito máis. Eu creo que temos que concienciarnos moito máis aínda do que podemos estar”.
O rexedor engade que “son aspectos onde ademais é importante esta involucración porque os distintos datos que continuamente aparecen da comunidade científica poñen en evidencia que está a afectar dun xeito negativo á climatoloxía do noso planeta, e con elo a nosa forma de vida e a forma de vida doutros seres vivos. Por iso esta adhesión que imos facer desde o Concello de Cervo a esta rede de gobernos locais”.
Villares sinala que “nesta rede hai unha serie de obxectivos e entre eles está o de promover unha serie de estratexias, plans, programas e proxectos de ordenación do territorio municipal que van estar baseados claramente no desenvolvemento sustentable do concello, que garantan a funcionalidade e a dinámica ecolóxica dos territorios naturais que estean presentes no noso municipio e posibilitando, cando sexa posible, o incremento de sistemas que puideran estar danados ou destruídos no pasado”.
Alfonso Villares di que “tamén dentro dos obxectivos desta rede galega está o de promover outras estratexias, programas e proxectos para conservar e incrementar a biodiversidade nos medios máis urbanos que poidamos ter no noso concello así como a protección do medio hídrico e a mellora da conectividade ecolóxica, e tamén a salvagarda dos distintos ecosistemas. Outro aspecto fundamental é do educar e concienciar á cidadanía da importancia de dispoñer dun medio ambiente axeitado e cun alto grado de diversidade biolóxica como elementos estes esenciais da saúde humana e da preservación do noso patrimonio natural”.
O alcalde de Cervo insiste en que “son aspectos que versan sobre a protección do medio ambiente natural, algo sobre o que todos os cidadás, os maiores, os que non son tan maiores e os máis pequenos, temos que concienciarnos e poñer en práctica feitos e hábitos de vida que vaian dirixidos cara á protección do medio ambiente natural que non é unicamente unha protección para nós senón tamén para as xeracións futuras”.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



