Comezo a escribir estas liñas, sen saber moi ben aínda o momento xusto da apertura do acceso ó porto de Burela. Se ben xa hai semanas que se anunciou case con bombas de palenque dende as filas populares o comezo da circulación por esa vía mentres o alcalde Llano se poñía a venda antes da ferida das posibles retencións no cruce da Cruz Vermella; o certo é que o propio González Barcia falaba de 1993 cando se comezou a falar da obra. Só 23 anos. Os que a Xunta tardou en executar a demandada obra. Máis de dúas décadas nos que tódolos axentes vinculados co sector pesqueiro na vila competiron en inferioridade de condicións con outros lugares á hora se enviar mercancía e comunicarse co exterior. Un sector económico enteiro cunha carencia capital.
Deses anos, o PP gobernou durante 19, aínda o fai, só unha lexislatura se apartaron de Monte Pío. O señor Barcia dinos agora que tivo que ser Feijóo e o goberno do PP na Xunta o que trouxo esta obra. Aplaudamos. Realmente deberíamos estar moi agradecidos. Isto é o que nos queren facer ver. Máis eu non podo estar en absoluto dacordo e creo, humildemente, que as veciñas e os veciños de Burela non poden estar nin dacordo nin contentos con esta realidade.
Eu creo que mais ben están fartos. Cansados de promesas incumpridas. Si, o acceso ó porto foi unha promesa eleitoral do señor Barcia, non no ano 2015 senón nas eleccións locais de 2011, nas que o PP accedeu ao goberno municipal. Por falar do mais recente. Igual que o polígono industrial da Puida ou a Escola Infantil que está feita, pero non rematada e pola que as burelás e os burelaos van pagar mais ca noutros concellos e levan anos agardando.
Ó final todo queda en nada ou nunha chapuza, cadaquén que escolla o que lle pareza peor. E todo isto ocorre porque o Partido Popular emprega sistematicamente as institucións públicas para administrar cotas de poder, cando deberían dar servizo ó conxunto da veciñanza. Sérvense delas para apuntalar a súa rede e desenvolver o seu proxecto que non é outro que o ascenso persoal e político sen se preocupar polos problemas e as necesidades da xente do común. O interese das veciñas e veciños, os sectores produtivos, o emprego, o benestar…iso non lles importa. Por iso o acceso ó porto chega tan tarde; por iso na Mariña seguimos cunhas infraestruturas de fai 30 anos e a media xornada coma o caso da A-8; e por iso cada vez se pechan mais centros de traballo, se perde mais emprego e a mocidade escapa a fume de carozo.
Para mostra un botón. Augas de Galicia ven de anunciar convenios de colaboración con diferentes concellos. Para a EDAR de Burela cero euros. Si que hai cartos, centos de miles e nalgún caso millóns de euros, para concellos veciños, iso si, gobernados polo PP. Parece que a chantaxe é clara, ou votamos ós populares, ou as nosas augas residuais quedan sen depurar. Totalmente indigno dun goberno autonómico que di gobernar para todos.
Para dignidade xa dan mostras de sobra as veciñas e veciños de Burela. Non sabemos que opina disto último o alcalde socialista, que nunca soubo concretar nada en torno á EDAR. Pero as burelás e burelaos seguirán a traballar como fixeron toda a vida. Seguirán a pagar a auga e o lixo mais caros da volta por estar sometidos a empresas privadas sen que dende o goberno local se tomen as medidas para rebaixalos. E seguirán a celebrar fazañas deportivas fronte a rivais e organizacións que lles costa chegar ata aquí debido ás deficientes comunicacións que padecen. Todo iso vano facer con toda a dignidade coa que o fixeron ata o de agora. Sen dar as grazas, como algúns pretenden. Pero sen perder nin un ápice da dignidade do conxunto da veciñanza de Burela.
Mario Pillado Mon
Voceiro BNG Burela.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



