Ribadeo, 3 de novembro de 2016. Acisa reparte estes días entre os seus asociad@s adhesivos-regalo para potenciar as compras no comercio local. Segundo explica David Martínez, o presidente do colectivo, “trátase dunha campaña de apoio ao comercio local. Queremos concienciar ao comprador da importancia que ten consumir no pequeno comercio. E para eles fixemos uns adhesivos que agradecen a compra”.
O presidente de Acisa engade que “con esa etiqueta regalo adornamos os paquetes nas nosas tendas, coidamos ao cliente e concienciámolo do importante que é comprar durante todo o ano nas tendas da nosa localidade”.
David Martínez destaca que “se trata dunha edición limitada de etiquetas de felicitación, as que hoxe estamos a entregar ao comercio local, coa imaxe de Acisa. Ditas etiquetas son completamente gratuítas para os nosos asociados”.