A Mariña, 7 de novembro de 2016. Segue a campaña da Federación de Comercio A Mariña que arrincaba o pasado 15 de outubro en Viveiro. Esta semana chega a Burela.
Durante estes días os clientes que fagan as súas compras ou consuman na hostalaría local deberán gardar os seus tíckets de compra para despois o sábado, 12 de novembro, dirixirse á carpa de A Mariña Federación, que estará situada na praza do Concello, e alí obterán as rifas para participar no sorteo presencial que se celebrará ás 20.30 horas desa mesma xornada. A organización dará unha rifa por cada tícket superior aos 10 euros.
Os 2.000 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados ao Centro Comercial Aberto de Burela repartiranse en 10 premios de 100 euros cada un, un premio de 200 euros, un premio de 300 euros e un premio de 500 euros.
Durante toda a campaña da FCAM, que se desenvolve desde o 10 de outubro ata o 26 de novembro, sortéanse en total 12.000 euros en vales de compra. Xa se celebraron sorteos en Viveiro, en Ribadeo e en Foz. Esta semana será en Burela e despois tocaralles o turno a Xove e O Vicedo.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



