O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro será escenario este domingo, 27 de novembro, a partir das 18:00 horas da actuación de Lyricas, unha formación musical que compoñen Julia María Dopico (pianista) e Diana Somkhieva (soprano). A primeira é profesora superior de piano e linguaxe musical e a segunda profesora superior de canto. O título do concerto é Lyricas en Galicia. Os que asistan poderán gozar dunha selección de composicións interpretadas por estas dúas mulleres, entre as que destacan Negra Sombra, Lela, Lonxe da terriña, Os teus ollos… Desde a Concellería de Cultura e desde a Oficina Municipal de Información Xuvenil invitan a acudir a este concerto “especial e emocionante”.


















O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



