O grupo de montaña e aire libre Peña Furada o VIII Encontro Sendeirista Astur-Galaico que se celebrará o domingo 13 de novembro. A saída para o grupo de montaña do Club Deportivo Básico Marqués de Casariego (Tapia) será ás 08.45 horas. A ruta circular consta de 13,3 km de dificultade media. Os interesados e interesadas en participar deben inscribirse ata o venres 11 de novembro nos teléfonos 689 175 515 (José Luis), 559 000 707 (Javi) ou 608 540 828 (Eva) ou a través do enderezo electrónico cdbmarquesdecasariego@gmtapia.es. O prezo da viaxe é de 12 euros, 5 para os socios e 3 para os socios colaboradores. O prezo da comida opcional é de 12 euros.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



