No pasado mes de outubro e como ven sendo habitual antes de rematar o pleno, “FOZ PLATAFORMA DE FUTURO”, formulou tres rogos e tres preguntas o Sr. Alcalde e o seu equipo de goberno.
Os rogos foron os seguintes:
1. Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de goberno procedan a pintar os pasos de peóns no cruce das rúas Concello de Barreiros,camiño vello,Fondós e rúa Concepción Arenal, é dicir; o cruce onde se atopa a gardería de Fondós.
2. Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de goberno procedan a tomar as medidas oportunas para solucionar os problemas de perigo de derrube dunha vivenda na prolongación da rúa Xesús Nazareno polo seu estado de abandono, e que ten atemorizados ós veciños.
3. Rogámoslle ó Alcalde e o seu equipo de Goberno procedan a volver a colocar o contenedor da praia da Arealonga contra Nois, xa que desapareceu novamente.
Preguntas mes de xuño.
1. ¿Cal é o motivo polo que, despois dun mes de facer un rogo no último pleno segue sen ser reparado o bache da rúa Pascual Veiga?
Resposta: Posiblemente nestes días se aglomere .
2. ¿Que medidas tomou dende que foi aprobada no pleno do mes de Abril unha moción nosa en relación a mellorar as instalacións da Aula da Natureza?
Resposta: Tomáronse algunhas pero non se concretaron cales foron na sesión.
3. ¿Si temos reposta por parte da Consellería de infraestruturas da Xunta de Galicia sobre a moción que presentamos no mes de Setembro do ano pasado sobre o espazo público no cruce do Chao de San Acisclo?
Resposta:Non teñen coñecemento de que chegara contestación ningunha pero irán informarse para dicirnos algo.
FOZ PLATAFORMA DE FUTURO seguirá sendo a voz dos veciños no noso concello, trasladando todas aquelas inquedanzas ou suxestións que poidan xurdir.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



