Este pasado xoves 24, ven de celebrarse o pleno da Corporación Municipal do mes de Novembro do Concello de Foz.
No punto número 2 da orde do día, figura a proposta de Alcaldía referida á suba de taxas para os usuarios da piscina municipal nun 9 %.
Dende FPF, os concelleiros da nosa formación trasladábamos que posiblemente fixera falla unha nova regularización destas taxas,pero despois de examinar toda a documentación que tíñamos, e falar con distintos usuarios destas instalacións, e ver que se propoñía unha suba do 9% o voto da nosa formación ía ser en contra da proposta da Alcaldía.
Entendemos que antes de aplicar unha modificación das taxas se debe prestar un servizo correcto ós usuarios da piscina municipal.
Expoñiamos o noso voto en contra con varios argumentos de peso como a continuación resumimos:
Nos últimos días tivemos no noso poder un informe de intervención demoledor en contra desta suba, dun 5% para que a concesionaria abrira ós usuarios o SPA,como dun 4% para pagar as taxas que Portos de Galicia quere cobrar á empresa.
Dende FPF, vía internet para pulsar directamente como era o funcionamento desta instalación fixemos unha enquisa na que os resultados nos dixeron que un 100% dos veciños que fixeron a enquisa estaban en contra desta suba, pero mais preocupantes aínda eran os datos sobre o funcionamento desta instalación arroxando que un 4% opinaban que o funcionamento era bo,moi bo, un 12% bo, o 16% moi malo, 24% malo e o 44% mellorable.
Falabamos con distintos usuarios durante estes últimos días e nos trasladaban queixas como, mala conservación das instalacións,falla de limpeza,auga do vaso demasiado fría, temperatura ambiente fría,aparellos do ximnasio avariados e sen reparar,non haber un responsable directo da empresa co que poder falar en caso de algún problema,etc., etc.
Tamén nos chamou poderosamente a atención, que dende que se sacou a concurso a concesión das instalacións da piscina municipal, o seu horario se veu reducido considerablemente xa que en inverno hai 12 horas menos semanais e en verán hai 13 horas menos semanais de apertura ó público, e non somos coñecedores si ese cambio de horario se aprobou en pleno, ou foi feito unilateralmente pola concesionaria, cousa que o Alcalde tampouco nos soubo contestar.Esa redución de horas tamén o sufriron os empregados destas instalacións vendo reducido os seus contratos.
Por todo isto dende “Foz, Plataforma de Futuro” entendíamos que había razóns suficientes para votar en contra desta suba.
Así mesmo pedimos no pleno que si a concesionaria vai seguir sen abrir o SPA ó público retire dos seus folletos a oferta que fai neles referido a ese servizo xa que pode orixinar que estea dando unha propaganda enganosa.
Antes de rematar o Pleno,no apartado de mocións de urxencia, o BNG presentaba unha moción para que dende o Concello de Foz se fixera unha exposición pública dos proxectos de remodelación das rúas Álvaro Cunqueiro e Avenida da Mariña e se explicasen os veciños ditos proxectos.
Os Concelleiros de “Foz, Plataforma de Futuro” foi algo que nos pareceu sorprendente, xa que dende a nosa formación xa levamos reclamando dende fai varios meses o que eles pedían, tanto no pleno onde se aprobou o proxecto de remodelación da Rúa Álvaro Cunqueiro, como no pleno onde aprobamos a solicitude dun crédito para financiar dita obra,e así está recollido nas distintas actasplenarias.
Así mesmo tamén relacionado con este tema os Concelleiros de FPF rexistramos unha petición solicitando que o Secretario Municipal nos emitira un informe sobre si entendía que fora necesaria unha exposición pública destes proxectos, sendo a resposta do Secretario afirmativa.
Polo tanto os Concelleiros de “Foz, Plataforma de Futuro” votamos a favor desta moción, como non podía ser doutra maneira, xa que dende a nosa formación xa levamos varios meses traballando para que os nosos veciños e veciñas poidan coñecer de primeira man estes proxectos e poidan ser tidas en conta as súas aportacións.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



