Ribadeo, 25 de novembro de 2016. O alcalde, Fernando Suárez, ven de dirixirlle unha carta á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao na que lle solicita que se manteña o acceso público á Illa Pancha. No escrito sinálase que o Concello esixirá, á hora de tramitar a licenza de actividade ao hotel que albergará o vello faro, que por parte do titular se manteña o devandito acceso a ese espazo.
O rexedor explicou que “este documento que acabamos de enviar á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, como titular da Illa Pancha e de todo o que alí contén, ten que ver con estas obras que contan coa súa preceptiva licenza para a construción dun hotel, e que no seu momento deberase garantir o acceso público a toda a Illa para que o Concello poida dar a licenza de actividade”.
Suárez Barcia sinalou que “hai que ter en conta que a Autoridade Portuaria só concesionou unha parte da Illa, non toda. E si ben é certo que nestes últimos decenios a Illa estivo pechada ao uso público xeral por tratarse dun uso de interese xeral como era un faro, e podía ser comprensible esa actitude, agora non se entendería, agora que se privatiza a través dunha concesión que soamente quede restrinxida para uns poucos afortunados”. O rexedor lembra que “a lei de Costas e toda a normativa que dela deriva é moi clara ao respecto. Toda a Illa ten a catalogación xurídica de dominio público marítimo terrestre polo que corresponde unha utilización libre, pública e gratuíta para os usos comúns, tales como pasear, estar, etc… tanto para os que sexan clientes ou para os que non o sexan”.
O alcalde ribadense dixo que “isto non é Grecia, onde se privatizan as illas. Polo tanto, e aínda que cumpre con todas as autorizacións a conversión dese edificio en hotel, desde logo deberán ter o acceso aberto para todo o público por parte do Concello, senón o Concello non poderá dar a licenza de actividade necesaria para poder operar”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



