Burela, 28 de novembro de 2016. O BOP publica este luns o prego de condicións para a construción dos vestiarios do campo de herba artificial da Marosa. O investimento será de 117.000 euros, dos que a Deputación de Lugo achega cen mil. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, subliña o compromiso do equipo de goberno con esta demanda e tamén o esforzo económico que fai a institución provincial con Burela.
O edil socialista sinalou que “dende o equipo de goberno queremos informar que no Boletín Oficial de Provincia vense de anunciar no día de hoxe o prego de condicións para a construción dos vestiarios do campo de herba artificial da Marosa. Isto quere dicir que a partires do día da súa publicación no BOP, as empresas interesadas na adxudicación desta obra teñen 26 días para poder presentar as súas ofertas a través da web www.leal.gal, que é o portal que comezou a usar o Concello de Burela para os procesos de contratación de obras e servizos”.
O concelleiro de Deportes e primeiro tenente alcalde, Ramiro Fernández Rey, mostrou a súa satisfacción “por ver que os pasos cara á construción dos vestiarios van avanzando, e aínda que o proceso se alongou máis do que se quixera, parece que os vestiarios están cada vez máis cerca de ser unha realidade. Isto demostra o firme compromiso que había con esta obra tanto desde a Delegación de Deportes do Concello como desde o propio equipo de goberno no seu conxunto”.
O edil burelés lembrou que “non foi doado chegar ata aquí, xa que cando accedemos ao goberno non había partida presupostaria para esta obra, e houbo que conseguila. Ademais foi necesario facer un novo proxecto construtivo, xa que o que había tiña unha serie de deficiencias que non facían viable facer unha obra coa calidade axeitada. E unha vez que foron solucionados estes problemas atopámonos no antepenúltimo paso antes de que os vestiarios sexan unha realidade, que é o paso de licitar a obra”.
Fernández Rey salientou “a implicación do equipo de goberno nesta obra, e destacou que era un compromiso electoral que sempre foi prioritario para o equipo de goberno de Burela e principalmente do concelleiro de Deportes e do alcalde, Alfredo Llano, que sempre apostamos por esta obra xa que eramos ben coñecedores da necesidade da mesma”.
O concelleiro de Deportes indicou que “o orzamento de licitación é de 117.798,40 euros, e a Deputación de Lugo aporta 100.000 euros, polo que é de agradecer o esforzo que se fai dende a institución provincial cos veciños e veciñas de Burela. O prazo de execución da obra é de 3 meses dende a súa adxudicación. Agardamos que os traballos comecen a finais deste ano ou principios do 2017, polo que si as obras van segundo o previsto no primeiro trimestre do vindeiro ano deberían estar rematadas e xa se podería gozar das instalacións por parte dos usuarios”. Fernández Rey dixo estar moi satisfeito “por atoparnos xa no final da tramitación desta obra tan necesaria, pola que tanto se traballou e que por fin parece que será unha realidade”.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



