O Concello de Mondoñedo convoca o concurso de fotografía “O mellor recuncho de Mondoñedo”.
BASES
1. O Concello de Mondoñedo convoca o concurso ‘O mellor recuncho de Mondoñedo’ que baixo o lema ‘Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta’, ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2017 coas mellores fotografías de recunchos da localidade.
2. O obxectivo será, por tanto, elixir doce fotografías, unha para cada mes do ano, que ilustrarán o calendario municipal de 2017.
3. Poderá participar todo aquel que queira, e cada participante poderá presentar un máximo de tres fotos.
4. As fotos terán que ser enviadas en formato dixital a un enderezo enderezo electrónico que é o seguinte: recunchosdemondonedo@gmail.com , xunto ao nome e teléfono de contacto do participante.
5. A data límite para presentar as fotografías será o mércores 30 de novembro.
6. As tres mellores fotografías levarán un premio que consistirá nun lote de libros.
7. Os premios serán entregados nunha data a concretar durante o Nadal, que se aproveitará para presentar o calendario municipal de Mondoñedo para o ano 2017.
8. O xurado estará composto por fotógrafos profesionais e por persoal da oficina de rehabilitación do Concello de Mondoñedo.
En nombre del gobierno local animamos a participar a todo el mundo, sin importar la edad, en esta iniciativa que servirá para ilustrar el calendario municipal que editamos por primera vez. Se enviaron cartas a los centros educativos del municipio y a las residencias San Pablo y San Rafael ( Asilo) animándo a participar.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



