Mondoñedo, 5 de novembro de 2016.- O Concello de Mondoñedo mellora a sinalización virtual dos recursos turísticos locais coa finalidade de ampliar a súa promoción e poñelos en valor e faino a través da posta en marcha dun proxecto de xeoreferenciación (localización xeográfica) destes puntos de interese para o turista. A alcaldesa da localidade, Elena Candia, asegura que a “boa presenza no espazo virtual é clave na promoción turística de Mondoñedo e por iso queremos aproveitar todas as ferramentas que nos ofrecen as novas tecnoloxías”.
En concreto, dende a administración local desenvolveuse un proxecto de xeoreferenciación dos recursos turísticos mindonienses co emprego de novas tecnoloxías, o que permite unha mellor xeolocalización dos recursos. Deste xeito, o Google Maps reflicte con máis exactitude os roteiros grazas a publicación de fotografías esféricas que percorren distintas rutas do Concello e que enlazadas entre si fan posible realizar un percorrido virtual polas zonas de maior interese turístico da localidade.
Roteiros virtuais con imaxes en 360 grados
Os roteiros e elementos puntuais fotografáronse mediante cámaras 360º, obtendo unha imaxe esférica en cada posicionamento. Estas fotografías retocáronse e reviráronse co obxecto de que as coordenadas se axeitasen á posición real. Unha vez xeorreferenciadas, as fotografías integráronse no Google Maps e posteriormente enlazáronse unhas con outras de maneira que se consigue un efecto de realidade virtual no que se pode desprazar dunha fotografía á seguinte ó longo dos lugares de maior interese turístico do concello de Mondoñedo.
A maiores, Google permite o uso da súa API de mapas para mostrar mapas en páxinas web e así introducíronse as rutas e os puntos de interese nos mapas de Google que posteriormente se incluirán na web oficial do Concello de Mondoñedo, www.concellomondonedo.es. Unha vez estea isto introducido, o usuario final poderá acceder a cada ruta sen ningún problema.
Ligazóns dalgunhas das rutas de interese público:
Capela de San Lazaro https://goo.gl/2dS9CG
Hospital de San Lazaro https://goo.gl/pTJJdL
Catedral https://goo.gl/AonWbA
Palacio episcopal https://goo.gl/8OLmr1
Muralla Medieval https://goo.gl/sZCYlI
Capela de San Roque https://goo.gl/2AH78f
Santuario da Virxe dos Remedios https://goo.gl/ZqD8eT
Fonte Vella https://goo.gl/LbaZfp
Consistorio vello https://goo.gl/wwqwiu
Real Seminario Conciliar Santa Catalina https://goo.gl/rEXUhw
Mosteiro da Concepción https://goo.gl/eN7DW7
Convento de Alcántara https://goo.gl/XBCctw
Hospital San Paulo e San Lazaro https://goo.gl/cPILNM
Casa do Concello https://goo.gl/D6okxN
Igrexa parroquial de Santiago https://goo.gl/38HFEi
Cemiterio Vello https://goo.gl/HD0une
Pazo de Caión https://goo.gl/IiaQdi
Ponte de San Lázaro https://goo.gl/OWkWCn
Ponte do Pasatempo ou de Ruzos https://goo.gl/itKNJs
Capela de Santiago https://goo.gl/S9Rl4n
Catedral de Mondoñedo (interior, ruta) https://goo.gl/m1fQ7m
Barrio dos Muíños (ruta) https://goo.gl/7cxgIV
Cova do Rei Cintolo(ruta) https://goo.gl/HlRtcr
Axuda da Xunta de Galicia
Elena Candia defendeu a importancia e o “efecto positivo” deste proxecto xa que o uso das novas tecnoloxías “son esenciais” para a posta en valor dos “nosos recursos turísticos, dalos a coñecer e que o usuario poda aprecialos nas melloras calidades e condicións posibles”.
Segundo explica a alcaldesa, este proxecto desenvolveuse ao abeiro da subvención concedida pola Xunta de Galicia en apoio aos investimentos para uso público en infraestruturas recreativas, información turística e infraestrutura turística a pequena escala, mediante o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



