Mondoñedo 6 de novembro de 2016.- O equipo redactor do Proxecto Retinae avanzou esta fin de semana nas accións que se están a desenvolver no marco desta iniciativa innovadora que aproveita os novos formatos audiovisuais para poñer en valor o patrimonio histórico, turístico e cultural de Mondoñedo. En concreto, expertos e alumnos das Universidades Rei Juan Carlos e a Universidade a Distancia de Madrid analizaron na localidade as posibilidades que ofrecen os novos formatos audiovisuais (realidade virtual, realidade aumentada, formatos envolventes en 360 grados e imaxes tomadas con drons), co obxecto de poñer en valor o patrimonio histórico, artístico e cultural, sobre a base das novas tecnoloxías.
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, manifestou a súa satisfacción co desenvolvemento deste proxecto, que se está a levar a cabo ao abeiro do convenio asinado coa Universidade Rei Juan Carlos e a Universidade a Distancia de Madrid, por un período inicial de cinco anos e que, polo tanto, conta coa colaboración e o respaldo de diferentes institucións académicas e profesionais.
Neste eido, a rexedora avanzou que “está todo listo para presentación en Málaga deste proxecto que busca a boa posición de Mondoñedo e dos seus recursos dentro do eido turístico”. Candia lembrou que nesta primeira fase “están a poñer todas as ferramentas das novas tecnoloxías ao servizo da cultura e do turismo da cidade”, resaltando, engade, “dunha forma chamativa e innovadora o noso patrimonio histórico e facendo así máis atractivo o noso turismo”.
A alcaldesa destaca que dende o Concello “apostamos fortemente por un proxecto aberto que pode crecer exponencialmente en diferentes direccións e que constitúe unha fiestra ao futuro, para dar a coñecer o noso concello, os seus recursos e as súas características que o dotan dun forte potencial turístico que debemos saber aproveitar”.
Accións enmarcadas no proxecto Retinae
En relación ao proxecto, Candia lembra que “o contido principal desta proposta innovadora está constituído por gravacións aéreas con drons, tomando fotografías e inmortalizando en vídeo diferentes zonas da cidade. Por exemplo, a tecnoloxía da Realidade Aumentada empregase para crear diferentes modelos en tres dimensións de edificios e persoas emblemáticas; e a cámara de 360 grados serve para gravar lugares importantes de Mondoñedo e que poden ser explorados en todos os ángulos.
Ademais, no marco deste convenio desenvólvense outras accións como a conferencia celebrada este venres na localidade, durante a que profesionais expertos no eido da comunicación dixital e da historia contemporánea explicaron as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías ao servizo da divulgación dos produtos e dos eventos locais. En concreto, fixeron fincapé nas redes sociais e na internet, como ferramentas para vender ao servizo do pequeno e mediano comercio, produtores artesanais e eventos culturais.
Por último, Candia tamén lembrou que está previsto que este proxecto se desenvolva internacionalmente, especialmente en países como China e en plataformas locais como Baidu, principal buscador en China.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



