O Executivo da Deputación aprobará este venres na Xunta de Goberno un contrato de patrocinio co CD Lugo por valor de 265.000 euros para promocionar a marca e as potencialidades da provincia “máis alá das nosas fronteiras”. Así o adiantou o Presidente, Darío Campos Conde, nun encontro no Anxo Carro cos xogadores e o equipo técnico do club albivermello, no que tamén participou o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón.
“Nos últimos anos, o Lugo tense convertido nun dos máximos embaixadores da nosa terra. O club albivermello atópase inmerso nun dos períodos máis importantes da súa historia, consolidado na categoría de prata do fútbol español. Este crecemento vén ligado a unha imaxe de rigor e solvencia, que nos permite presumir de equipo, e mostrar un tremendo orgullo por estas cores. Por todo isto, considero que o club albivermello é unha grande plataforma para redescubrir Lugo no panorama nacional, así como impulsar valores ligados como o compañeirismo ou a superación”, subliñou Campos Conde.
O Presidente apuntou que “o noso obxectivo e contribuír á importante actividade de todos os clubs deportivos e, simultaneamente, impulsar o desenvolvemento económico lucense. Os contratos de patrocinio co Lugo e o Breogán permitiranos avanzar da man das dúas entidades deportivas coa maior masa social da provincia. Pois o Lugo, ao igual que o Breogán, levará a marca da provincia e todas as súas potencialidades máis alá das nosas fronteiras. Ademais, fomentaremos a práctica deportiva como un importante elemento de integración social, de igualdade de xénero ou de hábito de vida saudable”.
Promoción da provincia
Deste xeito, o Executivo da Deputación aprobará este venres na Xunta de Goberno os pregos dun contrato de patrocinio co CD Lugo por valor de 265.000 euros que garante a proxección da provincia, canto menos, nas preto de 20 cidades que o Club Deportivo Lugo visita ao longo da tempada: Almería, Cádiz, Córdoba, Elche, Girona, Huesca, Valencia, Mallorca, Madrid, Miranda de Ebro, Tarragona, Soria, Oviedo, Reus, Sevilla, Tenerife, Murcia, Valladolid e Zaragoza.
Así mesmo, durante os partidos do club albivermello no Anxo Carro emitiranse vídeos promocionais de todas as comarcas lucenses, “dando a coñecer os nosos recursos turísticos, culturais, naturais, patrimoniais, e os nosos produtos autóctonos”, apuntou Campos.
Cómpre sinalar que a entrada media ao estadio durante a pasada tempada foi de 3.800 espectadores por partido. É dicir, preto de 80.000 persoas ao longo do ano, o que da boa conta da repercusión directa que supón a efectos de visibilidade. A esta cifra hai que engadir as persoas que seguen os partidos do Lugo por televisión, cunha audiencia media de 13.900 espectadores por encontro. Tendo en conta que o club disputa 42 partidos ao longo do ano, chegarase a unha media de 600.000 persoas.
O contrato de patrocinio inclúe ademais máis contra prestacións para a provincia, establecendo varios espazos para a promoción de todos os seus recursos, como un banner na web do CD Lugo; un espazo destacado na Sala de Prensa e Zona Mixta do estadio Anxo Carro; emisión de contido visual en LED TV durante todas as roldas de prensa do club; un espazo nas novas entradas da Liga de Fútbol Profesional a partir de decembro, cunha distribución anual de 50.000 entradas; un espazo destacado no autocar oficial do CD Lugo; imaxes da provincia en 4 vallas na UTV; así como presenza en todo o equipamento oficial de xogo do primeiro equipo e presenza da marca Lugo en todas as cartelerías do club en toda a tempada.
Pola súa parte, o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, sinalou que “este contrato de patrocinio conleva unha inversión rendible para a provincia, como así nolo indican os estudos de mercado, xa que vai a supoñer un retorno económico moi importante para os lucenses. É polo tanto, unha boa noticia para os máis de 4.500 socios do club albivermello; e, en xeral, unha boa noticia para toda a provincia”.
“Dende o comezo buscamos unir esforzos co CD Lugo e xerar un vínculo que vaia máis aló do que se viña facendo. Consideramos que este contrato de patrocinio leva aparellado unha contrapartida moi importante para a provincia, e estou seguro que o CD Lugo dado a súa excelente estrutura de funcionamento actual, vai a cumprir con creces con todos os lucenses”, engadiu Rivera.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
