O Presidente, Darío Campos Conde, mantivo este martes un encontro con Dorinda Vidarte, unha veciña de Lourenzá de 95 anos, que é usuaria do Servizo a Domicilio, que neste municipio finanza a Deputación a un total de 25 maiores. Campos Conde estivo acompañado pola Alcaldesa, Rocío López García, o Vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, así como da traballadora social que presta atención a Dorinda.
Campos Conde avanzou que o Goberno da Deputación adiantou a Concellos de menos de 20.000 habitantes 1 millón de euros, orzamento ingresado xa nas arcas municipais, para a posta en marcha das melloras que o Executivo Provincial levou a cabo no Servizo a Domicilio. Estas supoñen a mellora da atención dos 1.800 maiores de 66 municipios que actualmente se benefician desta prestación social ou o incremento no número de usuarios a través da contratación de novos asistentes.
Neste senso, a Alcaldesa subliñou que este ano Lourenzá recibiu da Deputación o triplo de fondos para o Servizo a Domicilio, precisamente, debido a algunhas das melloras aplicadas por Campos Conde: por primeira vez o 100% dos custos son asumido polo organismo provincial e a distribución de fondos por Concello fíxose en base a novos criterios totalmente obxectivos. López García destacou que “isto permitiranos mellorar a atención que prestamos a 25 maiores do noso Concello”.
Como mellorou o Goberno o Servizo a Domicilio
O Servizo a Domicilio é a prestación social para maiores que o Executivo de Campos Conde decidiu financiar na súa totalidade dende o organismo provincial para aliviar aos Concellos de menos de 20.000 habitantes (que son 66) do 30% que tiñan que achegar despois de que a Xunta de Feijóo acordase, unilateralmente, deixalos sen orzamento autonómico algún para atender a maiores do rural lugués.
A decisión de Campos, que fixo pública en novembro de 2015 no Parlamento, supuxo que o Servizo a Domicilio teña agora custe cero para os 66 Concellos do rural, “que deixou abandonados o PP dende a Xunta”. Non ocorre o mesmo cos seus usuarios (actualmente 1.800 maiores de 66 municipios lucenses), pois o Goberno galego de Feijóo obrígaos a pagar co Decreto 99/2012, que tamén aprobou de xeito unilateral para modificar a Lei de Servizos Sociais fixar o copago en Galicia.
Máis fondos
Para aliviar aos Concellos, o Presidente incrementou aos 1,5 millóns de euros a achega da Deputación ao Servizo a Domicilio na provincia, tal e como avanzou hai un ano na súa comparecencia na Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia, na que informou sobre as liñas do Presuposto da Deputación de Lugo para 2016.
Xunto ao incremento de fondos da Deputación que reciben os municipios, estes poden, co orzamento provincial, pagar gastos de persoal ou, por vez 1ª, os de funcionamento. Isto permítelles contratar máis traballadores sociais para atender a novos usuarios ou mellorar a atención dos existentes (pois hai Concellos que non teñen listaxe de espera), pagándolles material sanitario ou mesmo desprazamentos dos/as asistentes xunto aos maiores a citas médicas, entre outras cuestións que redunden na mellora da súa atención. Para axustarse ás necesidades de cada Concello, o Goberno da Deputación acordou elaborar e asinar un convenio con cada municipio.
Anticipo do 90%
Para axilizar a posta en marcha de citadas melloras no Servizo a Domicilio, é dicir, para evitar que non se executaran por motivos orzamentarios, o Goberno da Deputación acordou ofrecer aos Concellos, de xeito pioneiro, un adianto do 90% do orzamento anual que lles correspondente para esta prestación social.
Os municipios que necesitaron este anticipo para poder iniciar a execución das melloras, e, polo tanto, o solicitaron foron 49. Os 17 que non o fixeron (Baleira, Becerreá, Bóveda, Cervo, Cospeito, Foz, Guitiriz, Láncara, Monforte de Lemos, Muras, Navia de Suarna, Ourol, Pantón, O Páramo, Ribas de Sil, Sober e O Valadouro), pero que tamén están a aplicar as melloras do Goberno da Deputación no Servizo a Domicilio, non o pediron para cumprir coa estabilidade orzamentaria que esixe a lei. O 1 millón de euros que a Deputación ingresou aos Concellos correspóndese co anticipo orzamentario do 90% do Servizo a Domicilio.
Distribución obxectiva dos fondos
Outra das melloras levadas a cabo polo Goberno de Campos no Servizo a Domicilio, foi a distribución dos fondos entres os 66 Concellos, pois fíxose en base a criterios totalmente obxectivos (índice de envellecemento; superficie; densidade de poboación e unidades de poboación), resultando a seguinte: Abadín: 25.107,21 euros; Alfoz: 23.062,85 euros; Antas de Ulla: 22.722,10 euros; Baleira: 22.722,10 euros; Baralla: 22.381,37 euros; Barreiros: 21.018,43 euros; Becerreá: 22.040,64euros; Begonte: 22.040,64 euros; Bóveda: 21.699,90 euros; Burela: 16.588,84 euros; Carballedo: 24.425,80 euros; Castro de Rei: 24.085,05 euros; Castroverde: 22.040,64 euros; Cervantes: 23.744,32€ euros; Cervo: 18.974,00 euros; Corgo: 22.381,37 euros; Cospeito: 23.744,32 euros; Chantada: 25.107,27 euros; Folgoso do Courel: 22.381,51 euros; Fonsagrada: 26.470,22 euros; Foz: 19.314,74 euros; Friol: 25.788,74 euros; Guitiriz: 24.766,53 euros; Guntín: 23.062,85 euros; Incio: 24.085,06 euros; Láncara: 22.381,37 euros; Lourenzá: 21.018,43 euros; Meira: 19.314,74 euros; Mondoñedo: 21.699,90 euros; Monforte de Lemos: 23.744,32 euros; Monterroso: 21.359,16 euros; Muras: 24.766,53 euros; Navia de Suarna: 24.425,80 euros; Negueira de Muñiz: 19.314,74 euros; Nogais: 21.699,90 euros; Ourol: 26.470,22 euros; Outeiro de Rei: 21.359,16 euros; Palas de Rei: 25.788,74 euros; Pantón: 25.788,74 euros; Paradela: 23.062,85 euros; Páramo: 21.699,90 euros; Pastoriza: 23.062,85 euros; Pedrafita do Cebreiro: 22.040,64 euros; Pobra do Brollón: 24.085,06 euros; Pol: 22.040,64 euros; A Pontenova: 21.359,16 euros; Portomarín: 22.381,37 euros; Quiroga: 23.062,85 euros; Rábade: 18.292,53 euros; Ribadeo: 20.677,69 euros; Ribas de Sil: 22.040,64 euros; Ribeira de Piquín: 22.381,27 euros; Riotorto: 22.040,64 euros; Samos: 22.722,10 euros; Sarria: 23.403,58 euros; Saviñao: 26.129,48 euros; Sober: 26.129,48 euros; Taboada: 24.425,80 euros; Trabada: 22.040,64 euros; Triacastela: 19.655,48 euros; Valadouro: 23.062,85 euros; Vicedo: 21.699,90 euros; Vilalba: 27.833,17 euros; Viveiro: 22.722,10 euros; Xermade: 23.403,58 euros; Xove 19.655,48 euros.